Eu non sabía que existía tal competición. Agora que o sei, encontro digno de mérito que un lugués conseguise impoñerse aos oitenta e cinco rivais, todos eles estadounidenses, ante un xurado composto integramente por xente daquel país. O premio ascende a 10.000 dólares.
Admiro a resistencia e a honestidade de todas as persoas que se levantan cada día coa ansia de facer o seu traballo o mellor que saben, sen ter en conta o salario, porque saben que as cousas ben feitas, ben parecen; que poden arrebatarnos dereitos, pero que ninguén pode roubarnos a satisfacción de chegar á casa orgullos@s de nós mesm@s.
Parabéns, Braulio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario