Grazas a unha iniciativa do EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) do CEIP do Foxo, os habitantes da Estrada imos poder agasallar os nosos na nosa lingua.
O alumnado e o equipo docente colaboraron nesta campaña (á que chamaron Bicos a moreas) para deseñar dezaseis modelos diferentes de etiquetas nas que podemos ler mensaxes tan fermosas como estas:
Quérote un mundo
Desexo que sexas feliz
Grazas por quererme
Que goces do teu día
Grazas por estares ao meu carón
Arrolos e aloumiños
Coa colaboración de ACOE (Asociación de Comerciantes da Estrada) e de ACE (Asociación Comercial de Empresarios), repartiranse 15.000 etiquetas que acompañarán os regalos nestas festas.
Parabéns por esta idea!
Ningún comentario:
Publicar un comentario