venres, 25 de marzo de 2016
mércores, 23 de marzo de 2016
sábado, 19 de marzo de 2016
venres, 18 de marzo de 2016
Dicionario visual. Aldraxar
Outro exemplo da supremacía cultural europea e dos altos valores da civilización occidental "Aldraxar" no DRAG |
Romaxe de Nosa Señora da Barca. Lorca por Marful
Un dos seis poemas galegos de García Lorca, musicado pola xenial e desaparecida banda Marful
domingo, 13 de marzo de 2016
sábado, 12 de marzo de 2016
venres, 11 de marzo de 2016
Dicionario visual. Escavadora
O significado de "padeadora" no Gran Dicionario Xerais da Lingua coincide coa acepción do DRAG. No DIGALEGO, cámbiache o conto.
xoves, 10 de marzo de 2016
Louvanza dos queixos de San Simón. Manuel María
Este poema foi tirado da colección Bibiloteca 120 Galega (publicada en 2002), que recolle os textos fixados polo autor en 2001.
martes, 8 de marzo de 2016
Cada elo fai cadea
Sucédense sen pausa as agresións contra as mulleres, acá e acolá, como un rosario infame de doas negras para nos acovardar e nos excluír unha vez máis dos espazos públicos e para impedir que, revelándonos, nos rebelemos. Podería expór aquí centos de casos, mais aludirei unicamente a catro novas dos últimos días:
Hai menos dunha semana asasinaron a ecoloxista Berta Cáceres. Quen fixera recuar á maior construtora do mundo (a chinesa Sinohydro) no proxecto hidroeléctrico de Agua Zarca (Honduras) non cedera ás ameazas de morte, de violación, de secuestro das súas fillas... e pagouno coa vida. Berta non calou.
O mes pasado, unha estudante -María Fungueiro- denunciou un profesor da USC -Luciano Méndez Naya- polos seus comentarios machistas verbo da súa vestimenta. Ao remate da clase, a moza recriminou ao docente a súa actitude, sen conseguir que se desculpase. Ben ao contrario, este respondeulle cunha saída de ton digna de mellor causa, o que motivou a denuncia da afectada e mais de varios compañeiros ante o reitorado. María non calou.
A finais de febreiro, dúas mozas arxentinas, María e Marina, que viaxaban por Ecuador, foron asasinadas (unha, a golpes; a outra, apuñalada) por non acceder ás pretensións sexuais de dous homes. Os medios de comunicación publicaron a noticia remarcando que as turistas viaxaban "soas": paradoxo lingüístico nunca aplicado aos varóns. Unha estudante de Ciencias da Comunicación paraguaia, Guadalupe Acosta, escribiu entón Ayer me mataron: a apócrifa carta póstuma dunha das mozas, un relato de xustiza e dignidade que os medios lles negaban. Guadalupe non calou.
O 17 de febreiro, a xuíza María Carmen Molina, do Xulgado de Violencia sobre a Muller, de Vitoria, preguntoulle a unha denunciante de agresión sexual se "pechara ben as pernas". A Asociación Clara Campoamor, que asesora mulleres en risco de exclusión social, solicitou que a maxistrada fose cesada ou, cando menos, afastada do seu cargo. A entidade feminista non calou.
Diráseme que os casos non son comparables: que non é o mesmo que te violen ou te maten a que se metan coa túa forma de vestir; que desconfiar dunha denunciante de abusos sexuais non significa humillación tras a humillación; que os titulares dos xornais son unicamente palabras escollidas ao chou. E máis: que cobrar un salario menor polo mesmo traballo non é maltrato, que gabar o físico dunha descoñecida pola rúa é un piropo, que o reparto desigual das tarefas no fogar é unha decisión doméstica tomada libremente, que o teito de cristal é un enxeño arquitectónico, que hai mulleres empoleiradas sobre tacóns de agulla por afán equlibrista e que ás nenas lles gusta o rosa porque si.
E non. A violencia contra as mulleres non é un conxunto de casos illados que acontecen por mala sorte. Falamos dunha estrutura social noxenta, asentada nunha ideoloxía dominante, o machismo, que estende as súas poutas opresoras sobre as nenas e as mulleres desde antes do seu nacemento (polas expectativas diferenciadas que se xeran en función do xénero) ata despois da súa morte (como pon de relevo a carta de Guadalupe Acosta). Falo de que os mal chamados "micromachismos" son o primeiro elo dunha cadea que desemboca, no seu extremo, nos asasinatos de mulleres; e digo que non poderemos crebar esa cadea sen atacar todos e cada un dos aneis que a compoñen, por insignificantes que parezan.
Etiquetas:
Día da Muller,
feminismo,
fotografía,
Guadalupe Acosta,
Luciano Méndez Naya,
María Carmen Molina,
María Fungueiro,
PhotoFunia,
sociedade
luns, 7 de marzo de 2016
domingo, 6 de marzo de 2016
Dicionario visual. Ultramarinos
Escollín para ilustrar esta palabra, hoxe en desuso, unha imaxe tirada do blog de Avelino Gómez Quirós, blog adicado á colleita e difusión de postais e fotografías antigas de Vigo.
Non sei ben se é pola lembraza da nenez que me evoca o termo ou pola claridade coa que nos transporta (lingüisticamente falando) desde o latín ata a época colonial, o caso é que me encanta este substantivo inmobilizado en plural (plurale tantum) derivado dun adxectivo que se formou engadindo un prefixo latino a un adxectivo derivado á súa vez da palabra primitiva mar.
sábado, 5 de marzo de 2016
Vai de Flora: sitio de interese
Hoxe quero recomendarvos unha páxina moi interesante sobre botánica que acabo de descubrir: Vai de Flora. Déixovos unhas fotografías e mais o artigo que as acompaña para que vos fagades unha idea do que podedes encontrar se a visitades.
Bartramia pomiformis Hedw.: mazás equilibristas!
Etimoloxía. O nome xenérico está adicado a J. Bartram, un dos primeiros recolectores de briófitos en América do Norte; o epíteto específico “pomiformis” fai referencia ao parecido que ten a cápsula esporofítica cun froito carnoso de tipo “pomo”, como por exemplo a pera ou a mazá.
Trátase dun brión que podemos atopar en relanzos e gretas de rochedo, en posición vertical ou horizontal, tanto en zonas iluminadas como sombrizas, sobre superficies húmidas e sen carbonato cálcico. Tamén crece sobre o solo e en taludes terrosos frescos. Moi chamativa é a súa cápsula esporofítica, que recorda moito a unha pequena mazá verde.
No Barbanza resulta unha especie pouco frecuente, aparecendo principalmente a certa altitude, en zonas frescas e húmidas dos altos da Serra e no interior de certos bosques caducifolios.
A imaxe: val do río Vilacova (A Coruña, Lousame, Vilacova, Comparada), sobre rochas graníticas húmidas no interior de bosque caducifolio mixto (Querco-Fagetea); 21-II-2016.
Ligazón: Vai de Flora
Dicionario visual. Boca de rega
No DIGALEGO aparecen as formas "boca de rego" e "boca de incendios" para designar conceptos diferenciados.
A expresión "boca de rega" recollina no Gran Dicionario Cumio da Lingua Galega, logo de pescudar no GDXLG e no DRAG sen atopar un termo específico para o obxecto da imaxe.
venres, 4 de marzo de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)