Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 12 de setembro de 2020

Parellas imposibles. Berlina / Berlinesa

Unha orixe común pode xerar na lingua diferentes palabras, como acontece co topónimo Berlín. Infórmanos o Digalego de que foi na metrópole alemá onde comezaron a fabricarse estas carruaxes. Logo virían os automóbiles de certo tipo que herdaron o nome. Trátase, xa que logo, de epónimos.

Para o xentilicio (e o adxectivo xeral), a lingua escolle sufixos habituais: -és/-esa (-ês/-a; -ense no Estraviz).

Berlina / Berlinesa

sábado, 29 de agosto de 2020

Dicionario fraseolóxico visual. Vai a vella morrendo...

Como acontece con todos os refráns, este ten moitas variantes e todas se entenden ben. Preferimos esta visión a aqueloutra de "can vello non colle enseño". 

sábado, 25 de abril de 2020

Acuarelando

Nestes días de confinamento, deume por experimentar coas acuarelas. Aquí van os primeiros traballos. Hai que aproveitar as fins de semana para repousar un chisco do teletraballo, non si?