Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

domingo, 5 de decembro de 2021

Manual do señorito

Como estou facendo un curso de Canva e a derradeira tarefa consiste na elaboración dun vídeo, aquí vos vai o meu primeiro intento: un videoclip co poema de Manuel María versionado por Manoela. 

Se sodes docentes, podedes darvos de alta en Canva co correo de edu.xunta e así teredes acceso á versión PRO, cun amplo banco de datos para traballar.

Manual do señorito

sábado, 12 de setembro de 2020

Parellas imposibles. Berlina / Berlinesa

Unha orixe común pode xerar na lingua diferentes palabras, como acontece co topónimo Berlín. Infórmanos o Digalego de que foi na metrópole alemá onde comezaron a fabricarse estas carruaxes. Logo virían os automóbiles de certo tipo que herdaron o nome. Trátase, xa que logo, de epónimos.

Para o xentilicio (e o adxectivo xeral), a lingua escolle sufixos habituais: -és/-esa (-ês/-a; -ense no Estraviz).

Berlina / Berlinesa

venres, 11 de setembro de 2020

Dicionario visual. Anteparo

A palabra *mampara non aparece recollida en ningún dos meus dicionarios de consulta habitual. Velaquí vos deixo unha imaxe e as ligazóns para consultardes as definicións.