domingo, 17 de abril de 2016
sábado, 16 de abril de 2016
Dicionario visual. Alascana-o
Supoño que este xentilicio debe de traer de cabeza aos académicos da RAG e por iso non o recollen no seu dicionario. Xa que logo, preséntovos as opcións que encontrei noutras fontes:
alascana-o, en Do Cumio e Galego Século XXI (Galaxia)
alaskana-o, no DIGALEGO (Ir Indo)
alasquiana-o, no Estraviz
venres, 15 de abril de 2016
Dicionario visual. Reflexo
Lembra que no DRAG podes consultar a conxugación verbal e a pronuncia do substantivo (e talvez non sexa como cres).
xoves, 14 de abril de 2016
Parellas imposibles. Inserir/Inxerir
Se esta parella imposible quixese facer un "ménage à trois", o último membro do trío sería a palabra enxerir (sinónimo de enxertar).
Dicionario visual. Pompa
Tanto o DRAG como o DIGALEGO recollen a expresión composta "pompa de xabón" para dar conta das burbullas feitas de auga e xabón que podemos contemplar na imaxe; reservando o vocábulo simple (pompa) para outra acepción, xa tratada nunha entrada anterior de Zarampagalegando.
No entanto, os dicionarios Xerais e Do Cumio avalan o uso de "pompa" para nos referir ás esferas lúdicas e volátiles da fotografía.
mércores, 13 de abril de 2016
Dicionario visual. Tapaburacos
Se queres coñecer polo miúdo a motivación dos diferentes nomes para o fillo menor, preme no enlace ao pé da páxina.
Famaztella
Famaztella é unha empresa creada pola familia Aznar-Botella para crear riqueza na patria española, que tanto adoran.
Que fariamos nós sen o compromiso social destes e doutros emprendedores?
Grazas, Deus, por iluminar o noso cativo espírito e encamiñar sabiamente o noso voto.
AMÉN
martes, 12 de abril de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)