Queres ghozar?
Tes ghaniñas de menearte?
Apetéceche escoitar boas letras?
Es de música electrónica?
Vaiche o hip e vaiche o hop?
Vas renunciar a tres gharotos do país?
Ghustaríache trincar 100 euriños?
Se contestaches que si
a 6 das 7 preghuntas,
a noite do sábado
vémonos no Rocker.
venres, 28 de febreiro de 2014
Fíos
![]() |
Escultura da artista Judith Scott, que encontrou nos fíos a súa forma de expresión
Premendo no nome coloreado en rosa,
accederás a un vídeo sobre esta escultora singular.
|
pois non hai balanza
nin baremo que calcule
o peso incerto do invisible.
Mais queima máis e esgaza
a sospeita cruel e branca
de saberse nimbo escuro
a descargar chuvia e sarabia
sobre ombreiros diminutos.
Debilidade blindada,
a da fráxil pompa
que -libremente- se pousa
entre as mans atónitas
de quen non a busca.
Como ponderar o valor
das ofrendas mutuas?:
madeixas encerelladas
a recompoñer fisuras.
A Churrusqueira
mércores, 26 de febreiro de 2014
Mentira
Musiquiña ao xeito para festexar o Entroido coa banda Skarallaos. Fusión de estilos para bailar e troulear sen deixar de pensar.
Político cabrón
Desde Ponteareas, Rebeliom do Inframundo denuncia a corrupción; como o rapeiro catalán Pablo Hasél, ao que lle piden dous anos de cadea por expresar o que pensa nas súas rimas. Está visto que aquí o delito é usar a palabra e non matar xente (p.e.: a que acaba afogando nas augas, porque seica hai que protexer a fronteira).
O prezo do baleiro
Cidade de Cultura: 27.000 euros/día
Se temos en conta os metros cúbicos de aire por visitante,
non parece un prezo desorbitado
martes, 25 de febreiro de 2014
Facebook contraataca
![]() |
Obra de Pawel Kuzcynski |
A empresa creada por Zuckerberg compra WhatsApp por 13.800 millóns de euros, un prezo que parece esaxerado por un servizo gratuíto, aínda que en efectivo Facebook só achega 2.900.
E para que?
WhatsApp xestiona a diario 50.000 millóns de mensaxes, sen acceder aos seus contidos. Isto é o que podería mudar. O quid parece estar na información sobre potenciais consumidores, que facilitaría a focalización de publicidade de forma individualizada, facéndoa máis efectiva. No entanto, o comprador insiste en que non vai cambiar as características do servizo de mensaxería.
Por outro lado, Facebook estaba a sufrir unha gran caída de usuarios en todo o planeta, ademais de ter unha implantación menor que WhatsApp en Europa, Asia e Latinoamérica, rede que medra a un ritmo nunca antes coñecido por unha empresa (conseguiu 450 millóns de usuarios en catro anos).
De momento, nos primeiros días tras a compra, plataformas alternativas como Telegram xa experimentaron un grande ascenso, coa conseguinte caída das liñas pola avalancha de altas e baixas.
Canto tardaremos en soportar anuncios inseridos no medio das conversas?
luns, 24 de febreiro de 2014
O golpe de Jordi Évole
![]() |
Jordi Évole, a elegancia sinxela do traballo ben feito |
En galego, "golpe" é a palabra usada nalgunhas zonas para referirse ao raposo.
Onte puidemos ver na Sexta un documental de ficción sobre o 23-F: Operación Palace, ideado polo rapaz da camisa de cadros e o seu equipo. Revelouse raposiño no seu golpe de efecto o xenial Jordi, un xornalista que xa nos demostrou que se poden facer as cousas ben e destapar fraudes como a da falsa investigación do metro de Valencia, conseguindo mesmo, grazas ao seu programa, a reapertura do caso (algo que as manifestacións mensuais dos afectados durante anos non lograran).
A trama apuntada no documental sobre o intento de golpe de estado coincide coa teoría relatada na novela galega de Aníbal Malvar, Á de mosca: un golpe predeseñado e controlado para desbaratar outros previsibles e perigosos.
E por que resulta verosímil?
Primeiro, porque a verdade completa aínda non foi contada e os documentos referentes ao suceso do ano 1981 seguirán clasificados ata 25 anos despois da morte dos implicados. E segundo, porque os políticos e os xornalistas demostraron ser uns actores excelentes cando se interpretan a si mesmos finxindo.
E isto último é inquietante e provoca arrepíos: cantas máis nos estarán coando?
domingo, 23 de febreiro de 2014
Micropoema do balde
venres, 21 de febreiro de 2014
Valores non son prezos
![]() |
Jona, xogador do Real Jaén, coa camiseta prohibida |
O 15 de febreiro, Día do Cáncer Infantil, un xogador do Jaén decidiu dedicarlles un gol aos meniños afectados por esta doenza que asistían ao partido, erguendo a camiseta oficial para amosar unha mensaxe interior improvisada a bolígrafo: "Ánimo, pequeñines. Día Mundial del Cáncer Infantil".
Aplicando o artigo 91 do código, o futbolista é sancionado polo Comité de Competición cunha multa de 2.000 euros. Este artigo prohibe exhibir calquera camiseta diferente da oficial que conteña publicidade, lema, anagrama, sigla ou debuxo.
Porén, os deportistas poden anunciar tabaco, bebidas enerxéticas insalubres, países que non respectan os dereitos humanos... en fin, calquera cousa, sempre e cando se pase por caixa. O que non se consente é unha mensaxe espontánea de alento que todos subscribiriamos. Estes son os valores do deporte que inculcamos. Bravo!
P.D.: O Comité de Apelación da Federación Española de Fútbol retira a sanción a Jona, baseándose en que os trazos escritos a bolígrafo non podían lerse a distancia e polo tanto non estaba a facer publicidade. Pois menos mal!
P.D.: O Comité de Apelación da Federación Española de Fútbol retira a sanción a Jona, baseándose en que os trazos escritos a bolígrafo non podían lerse a distancia e polo tanto non estaba a facer publicidade. Pois menos mal!
Te juro por Snoopy que lo flipo y lo reflipo
![]() |
"Porque yo lo mango*" |
A Casa de Galicia en Madrid cústalle á Xunta de Galicia 700.000 euros ao ano. Entre as súas interesantísimas actividades a prol do país e dos nosos paisanos podemos destacar unha conferencia sobre moda da erudita Carmen Lomana.
Aplausos elegantes e "chic" para os responsables desta embaixada cultural polo ben que inviste os nosos cartiños.
* "Mangar" significa "andar á preguiza sen traballar".
xoves, 20 de febreiro de 2014
Redondelando
En cada casa, fabas lavan. En Redondela abondan as boas fabas, que espesan o caldo e alimentan.
Grazas transparentes a todas as persoas que me fixeron fácil o traballo no Illa de San Simón. Á subministradora de cafeína, alento para seguir sendo desas mulleres que o mesmo valen para un roto que para un descosido. Grazas tamén á gobernadora dos papeis e mais á que se ocupa e preocupa de quen o ten máis difícil. (Dos que mandan non me ghusta falar, que logho todo se sabe... Son boa xente pero non son eu de facer a pelota). Ao que deixa entrar a luz mesmo antes de que amañeza...; ai, mi madriña, que falta fai a luz!
E sobre todo, lembranza da rapazada que, a pesar de todo, segue vindo de fronte e dereitiña, dereitiña, cara a nós. Somos nós os que nos despistamos, ás veces, e quedamos pampos mirando pola fiestra para trens que van a ningures.
domingo, 16 de febreiro de 2014
Afumando nen@s
Malia a percepción da maioría dos fumadores, a nicotina é unha droga estimulante. A sensación de relax que moitos afirman experimentar con cada calada débese á calma case inmediata da síndrome de abstinencia que produce, precisamente pola rapidez coa que actúa esta droga.
Consecuencias: a morte por consumo de tabaco en España provoca anualmente unhas 50.000 mortes, das cales unhas 2.000 afectan a fumadores pasivos. Trátase da principal causa de morte evitable.
O fume de segunda man, o que se produce na combustión do cigarro e que é respirado por calquera que estea preto, é máis prexudicial que o inhalado polo propio fumador. O fume de terceira man, o que fica aloxado nas superficies que entran en contacto con el (tapicerías, cortinas...) tamén afecta os seres vivos. Recentes estudos demostraron que a toxicidade acumulada no interior dos vehículos nos que se fuma, polas características dos materiais empregados nos habitáculos, resulta 23 veces superior ao existente nas vivendas.
As investigacións constatan, ademais, que os nenos criados en ambientes con fume sofren un 50% máis de infeccións de ouvidos e un 20% máis de crises asmáticas que os meniños "libres" de tabaco (libres ata certo punto, porque todos son fumadores pasivos, como indican as medicións de nicotina en aire expirado realizadas nos centros educativos).
Se falamos de números, as empresas tabaqueiras necesitan conseguir diariamente en España 450 novos fumadores para compensar os case 150 que lles morren e os 300 que conseguen deixalo. Os gastos sanitarios derivados do tabaquismo debemos sufragalos entre todos, así que estas empresas teñen un negocio redondo. Pero a lei prohíbelles desde hai tempo facer publicidade directa do seu produto. Por iso non escatiman en gastos para elaborar estratexias que aumenten as súas vendas (como o financiamento de películas nas que os cigarros son inseparables dos protagonistas ou o patrocinio de equipos deportivos, para asociar a marca con elementos percibidos como saudables). As súas presas son os menores, porque lles garanten máis anos de beneficios e porque son obxectivos fáciles que se inician no consumo incitados polo grupo e que ven no cigarro un símbolo de adultez (grazas á existencia de maiores fumadores ao seu redor).
- Prohibir fumar no interior dos vehículos que transportan menores é unha intromisión na intimidade dos adultos?
- Por que persoas que se escandalizan e protestan cando ven "trapicheo" de drogas ilegais preto das escolas, non dubidan en fumar diante dos pequenos?
- Que pensariamos dun heroinómano que se inxectase diante dos fillos? (A heroína inxectada non envelena a través do ar).
- Que pasaría se unha banda terrorista asasinase cada día 150 persoas no estado español?
- Por que os medios de comunicación nos informan frecuentemente do número de mortos nas estradas (1.130 en 2013) e non das vítimas do tabaco (un número 45 veces superior)?
- Que pensariamos dun heroinómano que se inxectase diante dos fillos? (A heroína inxectada non envelena a través do ar).
- Que pasaría se unha banda terrorista asasinase cada día 150 persoas no estado español?
- Por que os medios de comunicación nos informan frecuentemente do número de mortos nas estradas (1.130 en 2013) e non das vítimas do tabaco (un número 45 veces superior)?
sábado, 15 de febreiro de 2014
Grey day
Aínda que non son amiga de incluír contidos en linguas diferentes ao galego no meu blog, algunhas veces debo facer excepcións por causas de forza maior.
Déixovos hoxe o videoclip do tema Grey day, rodado entre Compostela e A Estrada. A canción pertence a disco "Free lines", de ECDG e Big Sexy. Calidade e verdade nuns textos que me admiran e debilidade confesa por un ser puro.
Debaixo do vídeo tendes o enlace ao disco completo, que estes mozos ofrecen de balde na rede.
Advertencia: A Churrusqueira informa do perigo do consumo de tabaco e alcohol (no entanto, cadaquén é libre de escoller as súas cadeas. A miña é a cafeína e non renuncio).
O trazo invisible
![]() |
Último cadáver rescatado do mar na costa ceutí |
O pensamento abstracto é un proceso mental de alto nivel que considera os conceptos de forma ampla. Oponse ao pensamento concreto, que se limita aos obxectos específicos.
Grazas ao pensamento abstracto podemos trazar, por exemplo, as liñas divisorias que transforman a esfera terráquea nun conxunto de estados políticos delimitados por fronteiras antinaturais que nos mapas se perfilan con liñas claramente definidas.
Xa ascende a trece (de momento) o número de mortos afogados fronte á costa ceutí. Afirma o ministro do Interior, Fernández Díaz, que non hai culpabilidade nin responsabilidade por parte das autoridades nin das forzas de seguridade españolas, posto que as autopsias demostran que as mortes non se produciron por mor das bólas de goma lanzadas desde España (acción negada polo director da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, aquel home inspiradísimo que xestionou a traxedia do Prestige) senón por afogamento (mira ti!). A poderosa razón para utilizar este material antidisturbios contra os inmigrantes é, en palabras do ministro, "fixar o trazo fronteirizo no mar".
En conclusión: os nosos representantes gobernamentais son persoas de alta capacidade intelectual, pois manexan á perfección o pensamento abstracto. Deste xeito, onde calquera común mortal vería trece cadáveres por culpa das medidas de repulsión españolas, eles son quen de velar por unha verdade superior: o mantemento da liña fronteiriza invisible. Mágoa que a nosa cacholiña non dea para tanto e, limitados como estamos, ao pensamento concreto e específico, só vexamos xente morta.
luns, 10 de febreiro de 2014
Vivir é fácil cos ollos pechados
Drama psicosocial con pinceladas de comedia romántica no que unha banda de expertos ao servizo da mafia aristocrática experimenta unha nova técnica de hipnose colectiva.
Conseguirano?
domingo, 9 de febreiro de 2014
Apocalypso!!
Drama psicosocial con pinceladas de comedia romántica no que unha banda de expertos ao servizo da mafia aristocrática experimenta unha nova técnica de hipnose colectiva.
Conseguirano?
sábado, 8 de febreiro de 2014
Culpable de amor
![]() |
A parella protagonista do filme,
compartindo garatuxas nunha pausa da rodaxe
|
A confianza cega no amado faina naufragar nun mundo de corrupción...
SEXO
PODER
DIÑEIRO
MENTIRAS
Culpable de amor
[Proximamente, nas súas pantallas]
Xénero: ciencia-ficción
Non apta para menores
Adverbios
xoves, 6 de febreiro de 2014
Eu vou estalar
Aquí tendes outro regaliño dos rapaces do Páramo, esta vez un videoclip anterior ao do Ferti-mon, no que parodian o éxito coreano Gagnam style. Dani Moreiras e os seus facendo un bo traballo para que escachemos coa risa.
Pequeniño tirón de orellas polas faltas ortográficas (Haber se acougo: A ver se acougo). Tamén hai algunha interferencia léxica do castelán, pero todos somos humanos... e estes mozos parecen moi boa xente. Non perderán o Ceo por iso.
martes, 4 de febreiro de 2014
Fiz, o coleccionista de medos
Unha curtametraxe de animación
baseada no conto homónimo de Fina Casalderrey
luns, 3 de febreiro de 2014
Micropoema do gardapanos
domingo, 2 de febreiro de 2014
Comunicación entre especies
![]() |
Hai tempo que a terapia con animais está dando grandes resultados. Estes días encontro decote novas sobre as aves de rapina, utilizadas para combater ou mitigar doenzas como o Alzhéimer e outras relacionadas con problemas cognitivos.
Persoas que non reaccionan ante os estímulos habituais encontran consolo nestes animaliños aos que aloumiñan e cos que parecen comunicarse dunha forma máis entrañable que cos humanos. Como unha velliña -nunha residencia francesa- que non fala con ninguén hai moito tempo (malia os esforzos do persoal sanitario), agás cunha curuxiña. Tamén en Galicia se está botando man das rapaces (desde aguias ata falcóns) en diversas institucións para maiores.
Será que para comunicarse de verdade sobran as palabras?
sábado, 1 de febreiro de 2014
"Ferti-mon": "Wrecking ball" á galega
No enlace de embaixo podedes ver unha entrevista ao protagonista deste videoclip: Dani Moreiras, un rapaz ben xeitoso, concedida a Televinte de Chantada.
https://www.youtube.com/watch?v=kRQoH4X0CQY
Pokémon: Monstros de Peto (Pocket-Monsters)
Os "personaxes" implicados na Pokémon (o maior caso de corrupción investigado en Galicia, con máis de cen imputados) eran alcumados con nomes como: Birollo, Pulpo, Ojo de Lince, Pijolandia, La Pelos, Puñales, Cachas Negras, El Gordito, El Padrino, El Cura, El Embajador, El Chino, Garbancito... Non son curriños?
A apertura de boa parte do sumario da Pokémon por parte da xuíza Pilar de Lara desvela unha complexa mafia organizada polo grupo Vendex que subornaba políticos do PSOE e do PP en varios concellos (Lugo, Ourense, Santiago, A Coruña, O Carballiño... parece que en Pontevedra e Sanxenxo tamén o tentaron, sen éxito) para conseguir contratas públicas, desde concesións da ORA ao mantemento de zonas verdes.
Ademais de soldos mensuais, os políticos corruptos recibían agasallos -como Rólex valorados en 6.000 euros ou cadros de 120.000-, contratos para achegados nas empresas do grupo e ata aprobados na universidade para algún fillo; segundo revelan as escoitas telefónicas efectuadas polo Servizo de Vixilancia Aduaneira.
Pois si que son monstros dos petos: dos nosos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)