Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 23 de decembro de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Cebola do mar

Dicionario fraseolóxico visual. A ceacú

Dicionario visual. Recuar

Dicionario visual. Axustar

Chaveiros personalizados




Podes montar uns chaveiros personalizados tan baratos coma estes (3 xogos de compoñentes por un euro) introducindo entre as plaquiñas obxectos sinxelos que signifiquen algo para ti.

Neste caso, eu inserín dous anaquiños dun fento que plantei na terraza; mais poderías usar area dunha praia pola que adoites pasear, anaquiños de poemas que che gusten... a pouco que penses seguro que se che ocorren ideas interesantes.

domingo, 18 de decembro de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Fútbol sala

Celia, do Ourense Envialia, a piques de xutar contra o Verín

Dicionario visual. Cerviña

Dicionario visual. Paxaro

Dicionario visual. Paporrubio

Parellas imposibles. Vasalo/Vasallo

Vasalo  //  Vasallo

domingo, 11 de decembro de 2016

Parellas imposibles. Enxergar/Outear

Dicionario visual. Enxergar

Dicionario visual. Rilar


Dicionario visual. Zoomorfismo

No DRAG

Dicionario visual. Champaña

Dicionario visual. Ventar

Dicionario visual. Cartón

venres, 9 de decembro de 2016

Chiste bíblico

Premendo sobre o enlace ao DRAG podes consultar como se conxuga o verbo.

Bilingüismo harmónico. Consumo gusto

Decido iniciar unha nova subsección no blog para acoller esas marabillas da mestizaxe lingüística coas que nos deleitan os medios de comunicación decote. Como non podía ser doutro xeito, levará por título Bilingüismo harmónico, ese grande invento dos novos tempos ao que tanto contribúen tantos e tan variados sectores da nosa sociedade. 

Mais... non se me alteren os preocupados pola "imposicióndelgallego", porque non se trata dunha sección de denuncia, ca! É unha sincera homenaxe ao noso pobo: un "hurra!" por sermos un exemplo de comunidade inclusiva e tolerante; un "bravo!" por nós, que aprendemos a desencriptar mensaxes multilingües tal espías de elite sen poñermos caras. Non, señor, nós non che somos coma esoutros que nos fan traducións simultáneas cando pedimos "un café con xeo" (un café con hielo?) e aos que respondemos: si, por favor.

Logo... somos ou non somos ultrarradicais da "riquiñez"?

xoves, 8 de decembro de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Estar enxebre

Dicionario fraseolóxico visual. Arar no mar


Infórmanos o lingüista Xesús Ferro Ruibal no documento deste enlace doutras expresións co mesmo sentido de "traballar en balde":

No mar: facer regos na auga, facer unha raia na auga para que non se desfaga, botar auga no mar, darlle golpes ao mar, tirarlle pedras ao mar.
En terra: mallar en ferro frío, contarlle os pelos a un can, apañar auga coa peneira, atar moscas polo rabo, escornarse contra a parede, ter tose e rañar o lombo.

Parellas imposibles. Bucio/Buzo

Bucio  //  Buzo

Dicionario visual. Vetillo

Dicionario visual. Año

Parellas imposibles. Amosega/Mosca

Amosega  //  Mosca

Dicionario visual. Adramán

mércores, 7 de decembro de 2016

Dicionario visual. Variedade

En galego non existen o verbo *surtir nin o substantivo derivado *surtido. Para expresar o primeiro concepto podemos usar fornecer, proporcionar, prover de; e mesmo causar (efecto). Para o nome: variedade, selección, escolma...