sábado, 2 de decembro de 2017
domingo, 19 de novembro de 2017
sábado, 11 de novembro de 2017
domingo, 5 de novembro de 2017
Esquece Monelos
Na Coruña había un río chamado Monelos. Secuestrado e contaminado polos intereses da industria, hoxe navega paralelo a un xemelgo tóxico: o oleoduto. Discorren ambos soterrados baixo a superficie dunha cidade que decidiu canalizalos e ocultalos para non estorbar o desenvolvemento urbanístico e industrial, que privilexiou as arterias viarias artificiais sobre as líquidas naturais.
Sobreviven, no entanto, na memoria das maiores, as lembranzas alegres dos días de miseria, cando as mulleres se xuntaban para lavar ás beiras dos relanzos de auga limpa e fresca, demasiado fría... Morriña dos risos e dos falares- aquilo era unha festa -mais non da friaxe aterecida nas mans que a traída e as lavadoras solucionaron. Recordo de anguías abondosas, de baños infantís onda o muíño, de vacas a pacer nas pradarías amplas. Despois, a sucidade e os lodos, os animais mortos fluíndo, canda unha auga espesa e irisada polas verteduras, deica o mar.
No documental de Ángeles Huerta altérnanse as pasaxes líricas dunha voz en off feminina e os testemuños sinceros dos superviventes dunha época que decidiu renunciar ao río. Dunha banda, as desafiuzadas das vivendas pobres e as chabolas; da outra, os representantes municipais que afirman sen rubor que se daquela lles pedisen instalar a refinaría no Obelisco, alí estaría hoxe.
En paralelo á historia fluvial, un experto en Alzhéimer explícanos o proceso da doenza, como as conexións entre as neuronas van adelgazando e debilitándose até perder a súa función: preservar a nosa identidade persoal, que reside na memoria. A narradora, o fío condutor do filme, monologa acerca da importancia dos silencios nas familias. A encrucillada é esta: o seu pai perde a memoria e ela non sabe gardar segredos. Revelar é rebelarse contra o esquecemento.
mércores, 1 de novembro de 2017
mércores, 11 de outubro de 2017
Martín Códax, poeta español
Como todxs sabemos, EspaÑa é a nación máis vella do planeta, colocada por Deus no centro do mundo para a admiración de propios e estraños, polos seus valores de convivencia e fraternidade harmoniosa (os xudeus e musulmáns marcharon facer un recado e o da Inquisición foron unhas cacharelas de San Xoán que se foron das mans).
Por iso non é de estrañar que xa no século XIII o poeta Martín Códax andara de esmorga troulando en galego pero con anticipado espírito espaÑol, como afirman estes días -co gallo da vinda do pergamiño Vindel a Galiza- os medios de comunicación (verbi gratia, Radio Nacional... de onde?: de EspaÑa) e mesmo o presidente Feijóo (oh-oh!).
domingo, 8 de outubro de 2017
mércores, 4 de outubro de 2017
martes, 3 de outubro de 2017
luns, 2 de outubro de 2017
domingo, 1 de outubro de 2017
sábado, 30 de setembro de 2017
venres, 29 de setembro de 2017
xoves, 28 de setembro de 2017
Mao a mà. Ezetaerre
Bo momento para unirmos dúas linguas na música...
https://www.youtube.com/watch?v=cZmv9m_oN-E
[Premendo sobre a ligazón, accederedes á páxina que contén a letra deste tema]
domingo, 24 de setembro de 2017
sábado, 23 de setembro de 2017
Dicionario fraseolóxico visual. Verlle o cu á curuxa
Verlle o cu á curuxa ou verlle o cu á carriza empréganse para expresar medo ou inseguridade ante un problema incipiente ou previsto.
venres, 22 de setembro de 2017
xoves, 21 de setembro de 2017
luns, 18 de setembro de 2017
domingo, 17 de setembro de 2017
sábado, 16 de setembro de 2017
sábado, 9 de setembro de 2017
venres, 8 de setembro de 2017
Dicionario visual. Cenceno
Etiquetas:
cabezo,
candea,
candeón,
cenceno,
cotela,
dicionario visual,
Dicionário Eletrónico Estraviz,
DIGALEGO,
farna,
galego,
lingua,
natureza,
pabón,
pendón,
recandea
xoves, 7 de setembro de 2017
mércores, 6 de setembro de 2017
Liulfe. Davide Salvado
Daniel Pardo dota de movementos ondulantes, suaves e "devagariños" este tema de Davide Salvado do álbum Lobos (2015).
martes, 5 de setembro de 2017
venres, 1 de setembro de 2017
luns, 21 de agosto de 2017
luns, 14 de agosto de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)