mércores, 28 de decembro de 2016
Dicionario visual. Frade
Etiquetas:
dicionario visual,
Dicionário Eletrónico Estraviz,
DRAG,
fotografía,
frade,
freire,
granada,
Guadix,
lingua,
monxe,
Ramón Masats,
relixioso
domingo, 25 de decembro de 2016
venres, 23 de decembro de 2016
Chaveiros personalizados
Podes montar uns chaveiros personalizados tan baratos coma estes (3 xogos de compoñentes por un euro) introducindo entre as plaquiñas obxectos sinxelos que signifiquen algo para ti.
Neste caso, eu inserín dous anaquiños dun fento que plantei na terraza; mais poderías usar area dunha praia pola que adoites pasear, anaquiños de poemas que che gusten... a pouco que penses seguro que se che ocorren ideas interesantes.
luns, 19 de decembro de 2016
domingo, 18 de decembro de 2016
Dicionario fraseolóxico visual. Fútbol sala
Dicionario visual. Cerviña
Etiquetas:
cerviña,
dicionario visual,
Dicionário Eletrónico Estraviz,
DIGALEGO,
herba cervúa,
lingua,
lingua cerviña,
natureza,
pé cervún,
Phyllitis scolopendrium
Dicionario visual. Paporrubio
Etiquetas:
dicionario visual,
Dicionário Eletrónico Estraviz,
DIGALEGO,
Glasgow,
graffiti,
lingua,
natureza,
paifoco,
paporroibo,
paporrubio,
pisco,
Smug
venres, 16 de decembro de 2016
Dicionario fraseolóxico visual. Espremer o cerebro
Espremer o cerebro, espremer as neuronas... son expresións moi visuais para significar un grande esforzo intelectual e creativo.
xoves, 15 de decembro de 2016
martes, 13 de decembro de 2016
Dicionario visual. Surá
O Gran Dicionario Xerais da Lingua define "surá" como a `parte posterior avultada da perna debaixo do xeonllo´.
domingo, 11 de decembro de 2016
sábado, 10 de decembro de 2016
venres, 9 de decembro de 2016
Bilingüismo harmónico. Consumo gusto
Decido iniciar unha nova subsección no blog para acoller esas marabillas da mestizaxe lingüística coas que nos deleitan os medios de comunicación decote. Como non podía ser doutro xeito, levará por título Bilingüismo harmónico, ese grande invento dos novos tempos ao que tanto contribúen tantos e tan variados sectores da nosa sociedade.
Mais... non se me alteren os preocupados pola "imposicióndelgallego", porque non se trata dunha sección de denuncia, ca! É unha sincera homenaxe ao noso pobo: un "hurra!" por sermos un exemplo de comunidade inclusiva e tolerante; un "bravo!" por nós, que aprendemos a desencriptar mensaxes multilingües tal espías de elite sen poñermos caras. Non, señor, nós non che somos coma esoutros que nos fan traducións simultáneas cando pedimos "un café con xeo" (un café con hielo?) e aos que respondemos: si, por favor.
Logo... somos ou non somos ultrarradicais da "riquiñez"?
xoves, 8 de decembro de 2016
Dicionario fraseolóxico visual. Arar no mar
Infórmanos o lingüista Xesús Ferro Ruibal no documento deste enlace doutras expresións co mesmo sentido de "traballar en balde":
No mar: facer regos na auga, facer unha raia na auga para que non se desfaga, botar auga no mar, darlle golpes ao mar, tirarlle pedras ao mar.
En terra: mallar en ferro frío, contarlle os pelos a
un can, apañar auga coa peneira, atar moscas polo rabo, escornarse contra a parede, ter tose e rañar o lombo.
mércores, 7 de decembro de 2016
Dicionario visual. Variedade
En galego non existen o verbo *surtir nin o substantivo derivado *surtido. Para expresar o primeiro concepto podemos usar fornecer, proporcionar, prover de; e mesmo causar (efecto). Para o nome: variedade, selección, escolma...
domingo, 4 de decembro de 2016
venres, 2 de decembro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)