Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

martes, 23 de xuño de 2015

Xfest da Estrada 2015

Moito que ver e que facer

Dediño abaixo!


Pois estámosche bos!

Cambio número 1: 
Fondo ornamental bicolor tamaño XXXL, para ver quen a ten meirande (chúpate esa, Trillo; que cando teña orzamento, supero a túa!).
Cambio número 2:
Muller ornamental monocolor que acompaña o home ao traballo porque si, e reproduce fielmente os seus acenos para demostrar que o apoia na súa carreira política, e total, tampouco tiña nada mellor que facer a estas horas e onde vou estar mellor ca con el diante deste público marabilloso e nun marco incomparable de beleza sen igual?
Cambio número 3:
Sorriso happy-happy porque "somoslomásylovamosapetar" e como de pequenos fomos ao dentista, agora hai que amortizar esta dentamia relucente.
Cambio número 4:
Dediño arriba porque somos ultramodernos e facémonos "I like it" a nós mesmos, como un adolescente calquera (a pesar dos 43, que non somos bolxeviques; ou non os ves a pinta!?).

domingo, 7 de xuño de 2015

Certa semellanza


En canto vin as manchas borrosas no toco desta árbore situada no xardinciño do IES Daviña Rey (Monforte) pensei inmediatamente nese animaliño preguiceiro cuxo nome científico é Bradypus variegatus
Procurei o nome galego no DRAG, que non me resolveu a dúbida; pero pescudando no portugués, achei estas denominacións adoptadas no Brasil: 'preguiça-comum' e 'bicho-preguiça'.

Unha cepa de altura

Falamos dunha supercepa de grande altura, máis concretamente, dunha cepeira de tres alturas e baixo. 

Esta planta de vide é unha supervivente, que sae na procura de luz desde o interior dun edificio, a través dun oco situado na fachada.  A curiosidade vexetal elévase, temerariamente, andar sobre andar, ata chegar ao último balcón, onde se bifurca en dúas ponliñas de fertilidade escasa. (Miña pobre!, bastante fai con resistir).

Se quixeres contemplar a imaxe da esquerda en vivo, deberás achegarte á rúa San Lázaro de Monforte de Lemos.