Desde onte e ata o 27 deste mes, podedes visitar no Museo Municipal Ramón Aller (en Lalín) a exposición de Federico de la Peña "Sexo na pedra", que recolle algunhas das súas pescudas fotográficas polas igrexas románicas galegas.
A mostra exhibe 40 instantáneas e compleméntase cun documental asinado polo mesmo autor, que explica a simboloxía das imaxes eróticas e pornográficas presentes na arquitectura medieval galega.
"Falo", unha verba ambigüa en galego....
ResponderEliminarPolisémica. O caso é falar...
ResponderEliminar