... nos peta.
![]() |
Viñeta de Gogue para Faro de Vigo do día 11 de decembro de 2013 |
Investigacións científicas que estudaron o fenómeno da locuacidade feminina revelan que as mulleres pronunciamos cada día aproximadamente o triplo de palabras que os homes (unhas 20.000 pola nosa banda fronte ás escasas 7.000 masculinas).
A causa desta diferenza xenérica provén, seica, dunha proteína denominada FOXP2, que as mulleres producimos en maior cantidade.
Outros estudos (Seltzer) revelan que conversar amistosamente aumenta a cantidade de oxitocina (a chamada hormona do amor, cando queren dicir orgasmo) e isto fainos empatizar cos demais, reduce o "stress", aumenta as sensacións de seguridade e confianza e provoca felicidade. O mesmo autor apunta que detrás do autismo pode agocharse unha disfunción na produción da tal hormona.
FALADE, RAPAZAS!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario