domingo, 29 de xaneiro de 2017
domingo, 22 de xaneiro de 2017
Xestación por substitución
Mulleres recipientes
para un novo nicho de mercado,
campos de cultivo
onde floreceren exóticas sementes:
óvulos fecundados cientificamente
inxectados nos úteros ucraínos, rusos, norteamericanos...
Ganancia dos mercenarios:
bufetes, clínicas, axencias...
traficando coa plusvalía da maternidade.
Mulleres pobres
loitando por disociarse do seu
corpo
para non sentiren
como propio
o latexo que acubillan no seu seo.
Incubadoras vivas
de bebés programados
para o primeiro mundo,
batallando por desinteriorizarse
para non sufrir
a esgazadura
de desprendérense
da vida que (a)gardan dentro.
Xestantes non-nais
-segundo a lei
do máis forte-
de fetos nomeados por outros,
arrebatados co primeiro ar
para calmaren e colmaren
o desexo inapelable
de terras estériles e alleas.
Son vasos comunicantes:
un a baleirarse
e outro a encherse
pola mecánica matemática
do afán de lucro xustificado
dos intermediarios:
a lei da oferta e a demanda.
martes, 17 de xaneiro de 2017
domingo, 15 de xaneiro de 2017
sábado, 14 de xaneiro de 2017
Dicionario visual. Nogueira
Etiquetas:
caroleira,
concheiro,
coucheira,
croucheira,
cuncheiro,
dicionario visual,
Dicionário Eletrónico Estraviz,
Iuglans regia,
lingua,
natureza,
nogueira
venres, 13 de xaneiro de 2017
xoves, 12 de xaneiro de 2017
luns, 9 de xaneiro de 2017
domingo, 8 de xaneiro de 2017
sábado, 7 de xaneiro de 2017
venres, 6 de xaneiro de 2017
xoves, 5 de xaneiro de 2017
Dicionario visual. Picapeixe
Etiquetas:
Alcedo atthis,
alción,
dicionario visual,
Dicionário Eletrónico Estraviz,
DRAG,
fotografía,
Javier López,
lingua,
martiño peixeiro,
natureza,
picapeixe
Dicionario visual. Kilt
DIGALEGO utiliza o asterisco á dereita das palabras para indicar que son préstamos lingüísticos.
mércores, 4 de xaneiro de 2017
Graffiti de Ordes. Yoseba MP
Formado na facultade de Belas Artes de Pontevedra, o artista de Cambre, Joseba Muruzábal Pérez, deixou o seu legado nas Desordes Creativas 2016 outorgándolles protagonismo ás mulleres que ofrecen os seus grelos e nabizas ao pé da estrada N-550. A musa de bata e zapatillas é unha figura colosal e poderosa, ben chantada sobre un asfalto crebadizo aos seus pés, ante a cal automóbiles e transeúntes semellan cativezas expectantes. Non se trata da musa clásica en actitude pasiva e pose forzada para o deleite das olladas, senón dunha muller simbolicamente real, coas pernas ben pousadas no chan para se manter firme mentres traballa, e coa boca aberta para afirmarse: "Aquí estou eu".
Unha obra magnífica en máis dun sentido.
Unha obra magnífica en máis dun sentido.
martes, 3 de xaneiro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)