Amosando publicacións coa etiqueta sociedade b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sociedade b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 16 de setembro de 2020
domingo, 13 de setembro de 2020
mércores, 11 de outubro de 2017
Martín Códax, poeta español
Como todxs sabemos, EspaÑa é a nación máis vella do planeta, colocada por Deus no centro do mundo para a admiración de propios e estraños, polos seus valores de convivencia e fraternidade harmoniosa (os xudeus e musulmáns marcharon facer un recado e o da Inquisición foron unhas cacharelas de San Xoán que se foron das mans).
Por iso non é de estrañar que xa no século XIII o poeta Martín Códax andara de esmorga troulando en galego pero con anticipado espírito espaÑol, como afirman estes días -co gallo da vinda do pergamiño Vindel a Galiza- os medios de comunicación (verbi gratia, Radio Nacional... de onde?: de EspaÑa) e mesmo o presidente Feijóo (oh-oh!).
martes, 3 de outubro de 2017
mércores, 26 de xullo de 2017
xoves, 6 de xullo de 2017
Rande arrandea
Cando as condicións laborais precarias causan mortes, non deberiamos falar de accidentes laborais senón de atentados contra a clase traballadora por parte dos empresarios, coa conivencia das administracións públicas que licitan as obras e logo non cumpren coa súa obriga de velar para que nelas se respecten as leis.
Desta volta faleceu un obreiro na ponte de Rande, unha semana despois de denunciaren os traballadores a explotación que sofren, con xornadas de 12 horas de insolación a cambio de salarios miserentos.
mércores, 5 de xullo de 2017
Galicia Bilingüe: castejano ou españolo
A ONG sen ánimo de lucro loita de novo contra a imposición das linguas minorizadas do Estado sobre a dominante. A plataforma da que Galicia Bilingüe forma parte, Hablamos Español, impulsa unha ILP para que as familias poidan educar a súa descendencia na escola pública unicamente no idioma cervantino. Tocante aos centros concertados e privados, representantes da organización manifestaron que non ten caso porque neles, afortunadamente, só se usa o dialecto vernáculo o Día das Letras Galegas, nun par de cancións e algún poemiña bucólico. "Por la libertad de expresión y de educación, tenemos derecho a que nuestros hijos ignoren y desprecien una parte esencial de la cultura en la que han nacido o viven, tanto o más de lo que ya lo hacemos nosotros, porque la vida es progreso", declarou un militante de Galicia Bilingüe a este medio.
xoves, 15 de decembro de 2016
xoves, 1 de decembro de 2016
venres, 25 de novembro de 2016
xoves, 24 de novembro de 2016
#PrimAcoso vs. Yo Dona
Malia seren moi criticadas, as redes sociais están a demostrar a súa capacidade para expoñer múltiples voces tradicionalmente afastadas dos medios de comunicación. Certo é que nelas pode converterse en emisor de información calquera energúmeno e conseguir unha repercusión digna de mellor causa. Ora ben, ser un energúmeno tampouco non é un impedimento para posuír, gobernar e ditar a liña editorial dun emporio comunicativo, como demostra a realidade.
Todo isto vén a conto dunha comparanza entre o tratamento dado á violencia de xénero desde unha revista "feminina": Yo Dona; e a campaña ideada e impulsada desde a Concellaría de Benestar Social do Concello de Pontevedra en Twwitter co cancelo #PrimAcoso, para que as mulleres denunciásemos publicamente aquel primeiro momento da nosa vida no que nos asoballaron polo mero feito de nacermos sen pene.
A portada da revista antedita rende homenaxe no seu número contra a violencia de xénero a Alejandro Sanz, identificado plenamente cos problemas de media humanidade mercé a unha barra de labios que porta na man e coa que medio maquillou os beizos. Non é de estrañar que con tal disposición a comprendernos e apoiarnos lle concedesen o premio internacional ao Labor Solidario. Pois ben, a contestación social nas redes a tamaña desvergonza non se fixo esperar. Deseguidiña apareceron chíos de protesta contra a singular homenaxe da revista, achegando letras do compositor e cantante nas que a violencia contra a muller resulta evidente a pouco que se rañe, como xa demostrara Barbijaputa nun artigo bastante anterior: No soy una de esas.
Fronte a este exemplo de superficialidade por parte dun medio "serio" e con recursos grazas á publicidade que tantas veces nos esixe lucir unha casca perfecta e baleira para manter un consumo que nada nos achega; a campaña pontevedresa, sinxela e polifónica, visibilizou o que moitas intuïamos: que todas fomos, somos ou seremos asoballadas nalgún momento ao longo da nosa vida por sermos mulleres. Así de simple. Mais, para alén desa verbalización social daquilo que moitas veces agochamos, a campaña ocultaba outro obxectivo que se desvela no vídeo que resume o acontecido no fío do Twitter. Paga a pena velo e comprobar que contan as mulleres cando remexen no seu interior e as respostas que reciben.
xoves, 17 de novembro de 2016
sábado, 17 de setembro de 2016
As ofertas do Goberno
Talvez para competir polos votos españolistas que lle poida rabuñar Ciudadanos ao PP, a última ocorrencia do Goberno actual consiste nun novo ataque contra a lingua de noso; modificando a norma para incumprir a lei.
domingo, 11 de setembro de 2016
Ence, 60 anos máis? Galiza Contrainfo
Ou a penúltima puñalada dun compostelán que presume de pontevedrés á miña vila natal.
xoves, 8 de setembro de 2016
Parecidos razoables. Luther King/Núñez Feijóo
En 1963 o activista Martin Luther King manifestaba no seu famoso discurso pronunciado en Washington ter un soño de igualdade para a súa nación. En 2016 o presidente da Xunta de Galicia afirma ter un "sono": conquistar a terceira maioría absoluta para o seu partido.
Se, coma o líder do PP en Galiza, ti tampouco tes clara a diferenza entre "sono" e "soño", preme AQUÍ.
luns, 5 de setembro de 2016
mércores, 27 de xullo de 2016
Frankenstein 04155. Non foi un accidente
Frankenstein 04155 é o documental financiado, en parte mediante micromecenado e sobre todo, co diñeiro da produtora Boneca Lareta e do propio director, para esclarecer aspectos relevantes que foron a raíz do accidente acontecido en Angrois hai pouco máis de tres anos. Onte asistín á súa proxección na Casa da Cultura de Ordes e, aínda que eu adoitei seguir o tema do Alvia nos medios de comunicación, hei de dicir que a obra de Aitor Rei me achegou información descoñecida, exposta de forma clara e rigorosa.
Información arrepiante, como coñecer por que os técnicos alcumaron Frankenstein o enxendro que Pepe Blanco gababa cando o presentou como un enxeño inaudito e único no mundo (un tren que vale para vía ancha e estreita, para funcionar con electricidade ou con gasóleo, para andar amodo ou a fume de carozo...); como nas propias fichas técnicas oficiais se omiten datos esenciais, tal o peso dos vagóns xeradores (para non desvelar ás claras que as modificacións realizadas sobre a estrutura do tren co fin de axilizar a súa posta en marcha incumprían as indicacións de seguridade); como se asinaron informes só un día antes da data exacta dunha inauguración anunciada polos políticos con meses de antelación; como se desconectou o sistema ERTMS co informe desfavorable da empresa instaladora e sen avaliar os riscos só porque había atrasos na chegada dos trens... e máis datos que descubriredes se vedes o documental, en liña ou nalgunha das exhibicións programadas no país.
Á parte dos técnicos e expertos, tamén se presentan as voces das vítimas e os familiares, mais non se trata dunha película que indague e explote os sentimentos; ao contrario: impresiona a dignidade e o esforzo de calma que amosan as persoas que perderon fillos, nais, parellas... sen música suxestiva e sentimental de fondo que convide ao desafogo lacrimóxeno. Estamos diante dun filme composto de retallos obxectivos e directos: reflexións contidas de vítimas e familiares; explicacións técnicas dos expertos; anacos de declaracións dos políticos antes e despois do suceso; extractos dos informes dos responsables de seguridade de Adif, Ineco e Renfe acerca do tren e a vía; fragmentos da publicidade que presumía de Alta Velocidade; triscos de vídeos aparecidos nos telexornais; etc.
En fin, Frankenstein 04155 establece unha serie de datos tan incontestable que nos leva a concluír que, tal e como se fixeron as cousas por parte dos gobernos do PSOE e o PP, coa connivencia duns técnicos presionados para cumprir uns prazos absurdos, o accidente tiña que ocorrer, antes ou despois. E ocorreu; para desgraza dos mortos, dos feridos, das familias, da veciñanza de Angrois e de calquera que teña un mínimo sentido da solidariedade. Queda a impotencia de saber que os responsables primarios do que non foi un accidente, porque "accidente" é "un suceso imprevisto e casual que pode producirlles dano a persoas ou cousas" (DRAG) e o que pasou o 24 de xullo de 2013 naquela curva era totalmente previsible -e fora advertido repetidamente por máis dun condutor-, aqueles responsables, digo, non só non recoñeceron a súa culpa, senón que están a ser premiados politicamente, mentres as vítimas claman por unha xustiza que parece serlles negada.
Etiquetas:
accidente de Angrois,
Aitor Rei,
Alvia,
Ana Pastor,
AVE,
documental,
Fomento,
Frankenstein 04155,
Pepe Blanco,
sociedade,
tráiler,
vídeo
venres, 22 de xullo de 2016
mércores, 20 de xullo de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















