- 3 ovos
- 3 vasos (de 125 ml) de fariña integral
- 2 vasos (de 125 ml) de azucre integral
- 1 iogur de limón ou natural
- 2 vasos de noces do país esmiuzadas
- 1/2 vaso de aceite de xirasol
- raspadura dun limón
- raspadura de dúas ou tres cenorias
- 1 sobre de lévedo
Modo de preparación
Prequenta o forno a 170º con calor por riba e por baixo.
Bate nun recipiente os ovos co azucre e as raspaduras. Cando todo estea ben mesturado, engade o lévedo e a fariña aos poucos (se a pasas polo coador, mellor) e remexe ata obter unha masa uniforme. Bótalle o aceite e volve mesturar. Engade as noces e remexe.
Deita a masa (debe estar lixeiramente líquida) nun recipiente untado en aceite e enfariñado. Introdúceo no forno e dálle uns 45 minutos. Non abras o forno mentres se cociña, porque a masa baixaría. Transcorrido o tempo (pode ser inferior se o teu forno ten ventilador; por iso debes botarlle un ollo de cando en vez), comproba cun garfo que a masa estea totalmente callada (o garfo debe saír limpo). Se o garfo aínda non sae seco pero por fóra xa está douradiño, quítalle a calor superior ao forno. Se lle falta un chisco para se facer, apágao e déixao dentro: coa calor residual acabará de callar.
Agarda a que arrefríe para o desmoldear.
Esta receita admite outros ingredientes: podes engadir cachiños de mazá ou de plátano, cambiar a cenoria por unha cullerada de café soluble en po, usar abelás en vez de noces, a raspadura pode ser de laranxa... Se o prefires, podes usar manteiga en vez de aceite... Se no tes lévedo, podes substituílo por bicarbonato sódico. O fondo do molde podes cubrilo con caramelo líquido en vez de fariña.
Libera a creatividade e aproveita o que teñas na casa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario