Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

domingo, 18 de setembro de 2016

Churrusquenciclopedia. Alcolitismo

O alcolitismo (de alcolito, variante vulgar de eucalipto) é a pandemia galaica consistente na adicción patolóxica a encher o territorio de eucaliptais, desatendendo as consecuencias nocivas que esta tendencia produce no ecosistema e na estrutura socioeconómica do país.

Como acontece con todas as adiccións, os alcólitos precisan adicar unha cantidade cada vez maior de recursos á súa teima. Negan o seu problema e autoengánanse pensando que o seu trastorno é simplemente unha afección controlada que non repercute negativamente en ningún aspecto da súa vida cotiá.

O tratamento non é doado, debido á expansión do fenómeno e á escasa sanción social da súa práctica. Ben ao contrario, as mensaxes difundidas polas administracións e outros organismos con intereses económicos na doenza contribúen á imaxe benfeitora do monocultivo foráneo, en detrimento da potenciación de hábitos forestais autóctonos, caracterizados pola biodiversidade e o respecto ao medio ambiente.

Os paseos por fragas centenarias, a atención aos consellos de asociacións ecoloxistas e a lectura de expertos na materia non financiados por industrias involucradas no problema poden axudar a desintoxicarse, aínda que a forza de vontade individual debe loitar contra un medio social excesivamente hostil aos cambios que non supoñan un enriquecemento económico a curto prazo (característica que facilitou a entrada e expansión do alcolitismo en boa parte do territorio).

Dicionario visual. Soletrear

Deletrear  //  Silabar  //  Soletrear

sábado, 17 de setembro de 2016

As ofertas do Goberno

Talvez para competir polos votos españolistas que lle poida rabuñar Ciudadanos ao PP, a última ocorrencia do Goberno actual consiste nun novo ataque contra a lingua de noso; modificando a norma para incumprir a lei.


mércores, 14 de setembro de 2016

Dicionario visual. Tríscele

Parellas imposibles. En costa/Enquisa

Dicionario visual. Dimisionaria-o

Dicionario visual. Apañabolboretas

Dicionario fraseolóxico visual. Ás apalpadas


Valéndose do tacto para recoñecer as cousas, debido á escuridade ou á falta de vista. [DRAG].

Dicionario visual. Gasosa

Dicionario visual. Augamar

Dicionario fraseolóxico visual. Á rapañota

martes, 13 de setembro de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Zapato quere media


Refrán recollido do traballo de Dorinda Penín Rodríguez sobre a fraseoloxía de San Lourenzo de Abelendo (Porqueira).

Unha cousa boa pide outra de calidade semellante.

Dicionario visual. Rozadoira

Dicionario visual. Xarampón

Dicionario visual. Píntega


Dicionario visual. Milgranda

Dicionario visual. Chaleco

luns, 12 de setembro de 2016

Parellas imposibles. Enselar/Ensilar

Parellas imposibles. Encestar/Encetar

Dicionario visual. Contorsión

Dicionario visual. Trasacordo

Dicionario visual. Traqueostomía

Dicionario visual. Traquea

domingo, 11 de setembro de 2016

Dicionario visual. Trasantonte

 

Dicionario visual. Sinestesia

Parellas imposibles. Plantiña/Soleta

Dicionario visual. Solfexar

Ence, 60 anos máis? Galiza Contrainfo

Ou a penúltima puñalada dun compostelán que presume de pontevedrés á miña vila natal.

sábado, 10 de setembro de 2016

Dicionario visual. Ollo de boi


Ventá redonda, especialmente a dos barcos. [DRAG].

Esta expresión (como moitas outras formadas por substantivo + preposición + substantivo) funciona como palabra composta, de xeito que os seus compoñentes non poden separarse na oración  para mantermos o seu significado. É dicir, se quixermos aplicarlle un complemento, este non podería intercalarse entre os dous lexemas. Así, diremos un ollo de boi pequeno ou un pequeno ollo de boi e non *un ollo pequeno de boi.

Dicionario fraseolóxico visual. Paso a nivel


O DRAG define así paso a nivel:
Intersección dunha vía férrea cunha estrada ou camiño, ao mesmo nivel.
[Na imaxe observamos un paso a anivel fornecido con barreiras].

Parellas imposibles. Bocadillo/Bocadiño

Dicionario visual. Enxugar



Logo de enxugáreste, quedas enxoita ou enxoito.

Dicionario visual. Convoi

venres, 9 de setembro de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. En coiros

Nu ou núa, espida ou espido, sen roupa...

Parellas imposibles. Caixada/Queixada

Dicionario visual. Metralladora


A metralladora non serve para nada bo, só para metrallar.

Parellas imposibles. Regañar/Rifar

Regañar  //  Rifar

Dicionario visual. Pelicano

Dicionario visual. Bocaaberta

Dicionario visual. Tubaxe

xoves, 8 de setembro de 2016

Parecidos razoables. Luther King/Núñez Feijóo


En 1963 o activista Martin Luther King manifestaba no seu famoso discurso pronunciado en Washington ter un soño de igualdade para a súa nación. En 2016 o presidente da Xunta de Galicia afirma ter un "sono": conquistar a terceira maioría absoluta para o seu partido.

Se, coma o líder do PP en Galiza, ti tampouco tes clara a diferenza entre "sono" e "soño", preme AQUÍ.

Parellas imposibles. Incendiaria-o/Pirómana-o

Escoitando os informativos, parecería que somos un país cheo de persoas que padecen piromanía e que atopan un goce extremo vendo como as lapas consomen o monte; e non que escuros intereses económicos se agochan tras a vaga de lumes que protagonizan os nosos veráns.

Citas galegas. Resistencia inexpugnable

Ilustra a cita de Castelao unha obra súa (O castiñeiro do val) que puiden contemplar recentemente na exposición Meu Pontevedra!, e que podedes visitar ata o 11 deste mes no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. 

Dicionario fraseolóxico visual. Setembro...

... ou leva as pontes ou seca as fontes.
Parece que este ano, de momento, escolleu a segunda opción.

Dicionario fraseolóxico visual. Non é muller brava...

... a que cabe na casa.

Zarampagalegando recomenda bravura e mal caber.

Dicionario visual. Suorenta-o