sábado, 21 de decembro de 2013
Estación de autobuses da Estrada
Pescudo na rede información sobre a estación de autobuses da Estrada, para saber en que ano foi inaugurada, canto custou, canto tempo estivo en servizo e quen a pagou.
Non encontro nada, só unha páxina bastante recente do Faro de Vigo na que se fala da posibilidade de localizar no seu baixo o novo local da central de emerxencias, para o cal habería que desembolsar uns 300.000 euros.
Por que a estación se encontra neste estado e non se utiliza? Por que non baixan os autocares ás plataformas e hai que subir a eles na rúa? Para que gastan os cartos en infraestruturas que logo se abandonan?
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario