luns, 28 de novembro de 2016
domingo, 27 de novembro de 2016
sábado, 26 de novembro de 2016
Dicionario visual. Encerellar
Etiquetas:
anobelar,
dicionario visual,
DRAG,
embarullar,
embeleñar,
embrollar,
encerellar,
enguedellar,
enlear,
enredar,
ensarillar,
escultura,
intricar,
lear,
lingua,
Manolo Valdés,
outras artes
venres, 25 de novembro de 2016
xoves, 24 de novembro de 2016
#PrimAcoso vs. Yo Dona
Malia seren moi criticadas, as redes sociais están a demostrar a súa capacidade para expoñer múltiples voces tradicionalmente afastadas dos medios de comunicación. Certo é que nelas pode converterse en emisor de información calquera energúmeno e conseguir unha repercusión digna de mellor causa. Ora ben, ser un energúmeno tampouco non é un impedimento para posuír, gobernar e ditar a liña editorial dun emporio comunicativo, como demostra a realidade.
Todo isto vén a conto dunha comparanza entre o tratamento dado á violencia de xénero desde unha revista "feminina": Yo Dona; e a campaña ideada e impulsada desde a Concellaría de Benestar Social do Concello de Pontevedra en Twwitter co cancelo #PrimAcoso, para que as mulleres denunciásemos publicamente aquel primeiro momento da nosa vida no que nos asoballaron polo mero feito de nacermos sen pene.
A portada da revista antedita rende homenaxe no seu número contra a violencia de xénero a Alejandro Sanz, identificado plenamente cos problemas de media humanidade mercé a unha barra de labios que porta na man e coa que medio maquillou os beizos. Non é de estrañar que con tal disposición a comprendernos e apoiarnos lle concedesen o premio internacional ao Labor Solidario. Pois ben, a contestación social nas redes a tamaña desvergonza non se fixo esperar. Deseguidiña apareceron chíos de protesta contra a singular homenaxe da revista, achegando letras do compositor e cantante nas que a violencia contra a muller resulta evidente a pouco que se rañe, como xa demostrara Barbijaputa nun artigo bastante anterior: No soy una de esas.
Fronte a este exemplo de superficialidade por parte dun medio "serio" e con recursos grazas á publicidade que tantas veces nos esixe lucir unha casca perfecta e baleira para manter un consumo que nada nos achega; a campaña pontevedresa, sinxela e polifónica, visibilizou o que moitas intuïamos: que todas fomos, somos ou seremos asoballadas nalgún momento ao longo da nosa vida por sermos mulleres. Así de simple. Mais, para alén desa verbalización social daquilo que moitas veces agochamos, a campaña ocultaba outro obxectivo que se desvela no vídeo que resume o acontecido no fío do Twitter. Paga a pena velo e comprobar que contan as mulleres cando remexen no seu interior e as respostas que reciben.
mércores, 23 de novembro de 2016
Quen a escaravellos manda...
Isto foi o que exclamou Ovidia cando o seu fillo Alberto, que daquela andaba enleado cos exames da carreira e ao que mandara na procura duns calcetíns, se lle presentou diante (moi ben disposto, iso si) cunha calculadora na man.
luns, 21 de novembro de 2016
Dicionario visual. Pacotilla
Utilizamos a miúdo a expresión "de pacotilla" para nos referir a algo que aparenta maior valor do que ten, mais o substantivo de orixe castelá do que deriva a locución non é de uso tan común. Podes consultar o seu significado premendo sobre a ligazón ao DRAG.
Parellas imposibles. Sé/Sede
Derivadas dun étimo latino común (sedes: asento), cada palabra especializouse consonte o contexto.
domingo, 20 de novembro de 2016
venres, 18 de novembro de 2016
xoves, 17 de novembro de 2016
martes, 15 de novembro de 2016
luns, 14 de novembro de 2016
Parellas imposibles. Triunfo/Trunfo
A semellanza semántica entre estes substantivos é evidente, mais o contexto no que os empregamos é diferente.
Parellas imposibles. Pacto/Pauto
Cunha orixe etimolóxica común (latín: pactu), o galego dispón dunha palabra patrimonial específica para os acordos co demo diferenciada do cultismo de significado xeral.
domingo, 13 de novembro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)