Hai unhas horas, Rodrigo Rato solicitoulle ao PP a súa suspensión temporal de militancia; ata que se "aclare" o asunto das tarxetas negras, segundo afirma na carta dirixida a Cospedal. O roedor confia, probablemente, en que as devanditas vaian suavizando a súa cor consonte pasa o tempo, que todo o borra.
Para iniciar a súa nova vida, dálle unha volta ao vestiario. Abandona a chaqueta clásica por un estilo máis informal: camiseta de manga curta para os días de calor e suadoiro para cando baixen as temperaturas, ambos impresos co lema "Marcho, que teño que marchar".
Ningún comentario:
Publicar un comentario