O ex-alcalde de Santiago, que logo de moito marear se viu obrigado a deixar o cargo por estar imputado en dúas causas xudiciais, pero que aínda así continuou e continúa chuchando do bote consistorial como concelleiro, xa ten o seu castigo exemplar: o PP acaba de nomealo delegado en Galicia de TRAGSA (cun soldo superior ao de Feijóo e que pode roldar os 100.000 euros anuais).
Ningún comentario:
Publicar un comentario