A palabra 'carretilla' é un préstamo lingüístico do castelán, como acontece con outras palabras coa mesma terminación diminutiva (como 'tortilla' ou 'bocadillo', p.e.). Xa que logo, é unha forma aceptada e non se considera unha interferencia.
No entanto, para referírmonos á máquina automóbil que se usa para o transporte nas empresas, só é normativo o termo 'carretilla'.
A da imaxe forma parte do concurso de carretas decoradas que se organiza cada ano en Vila de Cruces, con ocasión do singular rally que celebran con estes vehículos.
Déixovos un enlace a un vídeo de deporte extremo con carreta:
Ningún comentario:
Publicar un comentario