Abusuaria-o: (s. e adx.). Persoa que, estando autorizada para facer uso de determinado produto ou servizo segundo uns límites legalmente establecidos, decide prescindir das normas e dispoñer deses bens a esgalla para satisfacer os seus intereses persoais; lanzándose á festa rachada como se non houbese un mañá.
Os abusuarios asentan a súa moral en teses filosóficas tan rigorosas como estendidas. A saber:
A vivir, que son dous días
Tabaco, muller e viño; mellor para min que para o meu veciño
Cada un arrima a brasa para a súa sardiña
E para cando as cousas se lles reviran un chisco:
Nunca choveu que non escampara
En homenaxe a todas esas persoas, un clásico brasileiro versionado por Estação Sambô
Ningún comentario:
Publicar un comentario