Segundo as investigacións ordenadas polo xuíz Ruz, o PP comprou -con cartos da súa caixa B- accións de Libertad Digital en 2004, cando o medio de comunicación atravesaba problemas económicos.
Daquela, os xornalistas (?) de LD (encabezados polo santísimo Losantos) apoiaban a tese "conspiranoica" do goberno sobre a autoría dos atentados do metro de Madrid por parte de ETA; pero seguro que iso é pura casualidade.
Segundo o ex-tesoureiro encarcerado, Bárcenas, a orde de comprar as accións partiu do que entón era secretario xeral do PP: Acebes.
Algúns dos testaferros máis podentes para levar a cabo a misión foron Yáñez, Lapuerta ou a propia muller de Bárcenas (só eles tres investiron 410.000 euros, mais hai 220 accionistas ao servizo do partido). Rosalía Iglesias e Lapuerta (que non son parvos) nunca restituíron o diñeiro (xa se sabe: quen rouba a un ladrón...).
Ningún comentario:
Publicar un comentario