Chiando é un microdocumental no que se nos explica (en primeira persoa) como un mozo de 17 anos foi quen de loitar para conseguir un dereito: Twitter en galego. Resulta emocionante o relato de como un rapaz tan novo se enfrontou á compañía, como logrou involucrar unha marea de xente que se sumou ao labor de tradución, e como, finalmente, se cumpriu o soño de contar cunha ferramenta máis no noso idioma.
Deseño do Rei Zentolo |
En galego, o vocabulario que triunfou na rede non calca foneticamente os termos ingleses, senón que opta por solucións máis enxebres que se aproximan á duplicidade semántica da lingua de orixe, pois aluden tanto ao trilo das aves como á lingua humana (non dar un chío: non dicir palabra).
Son palabras normativas, recollidas no DRAG: chío, chiar, rechouchío e rechouchiar.
Son palabras normativas, recollidas no DRAG: chío, chiar, rechouchío e rechouchiar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario