Hai uns días publiquei esta imaxe, cun fragmento do discurso que Malala pronunciou no Auditorio das Nacións Unidas.
A moza paquistaní, tiroteada por ir a clase e galardoada co Nobel da Paz, confia na educación como unha arma para mudar a sociedade.
Aquí, algúns adultos espelidos enchen os seus petos con cursos de formación fantasmas polos que reciben unhas subvencións xeitosas da administración autonómica.
Entre eles, destacan Francisco Javier Pérez Belo, Gerardo Crespo e Eliseo Calviño (na imaxe), pero hai moitos máis: a xuíza vailles tomar declaración a 68 implicados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario