Logo das dúas primeiras entregas da Churrusquenciclopedia ('calatrávico' e 'abusuario'), tráiovos hoxe unha palabra que xa existe, pero á que lle engado un novo significado.
Sobrevivente (adx. e subst.)
Sinónimo: sobrevividor-a. [Rexistro coloquial].
Sinónimo: sobrevividor-a. [Rexistro coloquial].
Quen vive de marabilla (prefixo 'sobre': por encima da media; con abundancia) grazas a uns sobres (recipientes de papel) máxicos acugulados de billetes ilegais, pero de curso legal: o chamado diñeiro paradóxico.
Os cartos devanditos preséntanse en forma de simples e finísimos paralelepípedos de papel moeda que, malia a súa simplicidade, posúen unha virtude excepcional: a saber: aínda que en esencia son negros (absorben a luz sen reflectila) teñen o poder de iluminar a faciana dos sobreviventes cun sorriso branco e escintilante.

Billetes trucados por obra e graza de PhotoFunia |
Na imaxe, billetes falsos (como non?) coa efixie dun presidente (!?) terrestre (probablemente da Terra Media ou máis ben da Media Terra; porque da nosa Terra non é. Fixo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario