Ataque Escampe comezou a súa andaina alá polo 2001, por obra e graza da USC, que fixo confluír en Compostela un grupo de mozos procedentes de localidades diversas do país.
Malia autocatalogaren o seu estilo humildemente como rock de serie B, tráiovos hoxe un fantástico videoclip (o segundo d' O disco vermello) dirixido polo propio grupo, con escenografía e monicreques de Borxa Ínsua e montaxe e fotografía de Pablo Cayuela; que demostra que o seu traballo ben merece un A.
[Déixovos o enlace á páxina de GZmúsica porque blogger non permite cargar vídeos superiores a 100MB.]
Ningún comentario:
Publicar un comentario