Non cabe dúbida de que unha das mellores ferramentas coas que pode traballar un ser humano é un libro. En Lugo sábeno e por iso non teñen reparo en instalar nun mesmo local unha ferraxaría e unha libraría. Aquí vos deixo testemuño gráfico da convivencia pacífica de ambos comercios.
Lembrade que a normativa acordada pola RAG e o ILGa admite os sufixos -aría e -ería; aínda que recomenda usar o primeiro.
Está ben, sempre se pode usar un tomo de "Os pilares da terra" para cravar un cravo...
ResponderEliminar