Xunta o Paseo dos Estudantes, en Lugo, érguese esta curiosa construción (relixiosa?) coroada cunha cruz de Santiago invisible que se forma pola ausencia da materia: pode haber maior expoñente da espiritualidade?
Curiosa é tamén a coincidencia das verzas rendidas ao pé da edificación, pois as coles son - e expoño aquí o que nos conta o DRAG:
Col (substantivo feminino):
Planta de horta da familia das crucíferas* (Brassica oleracea),
de cano alto, follas largas e comestibles, e flores amarelas en acio,
que se emprega para o consumo humano e para o gando e da que existen
diversas variedades.
[* O subliñado é meu.]
Ningún comentario:
Publicar un comentario