Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 27 de xullo de 2016

Frankenstein 04155. Non foi un accidente

Frankenstein 04155 é o documental financiado, en parte mediante micromecenado e sobre todo, co diñeiro da produtora Boneca Lareta e do propio director, para esclarecer aspectos relevantes que foron a raíz do accidente acontecido en Angrois hai pouco máis de tres anos. Onte asistín á súa proxección na Casa da Cultura de Ordes e, aínda que eu adoitei seguir o tema do Alvia nos medios de comunicación, hei de dicir que a obra de Aitor Rei me achegou información descoñecida, exposta de forma clara e rigorosa. 


Información arrepiante, como coñecer por que os técnicos alcumaron Frankenstein o enxendro que Pepe Blanco gababa cando o presentou como un enxeño inaudito e único no mundo (un tren que vale para vía ancha e estreita, para funcionar con electricidade ou con gasóleo, para andar amodo ou a fume de carozo...); como nas propias fichas técnicas oficiais se omiten datos esenciais, tal o peso dos vagóns xeradores (para non desvelar ás claras que as modificacións realizadas sobre a estrutura do tren co fin de axilizar a súa posta en marcha incumprían as indicacións de seguridade); como se asinaron informes só un día antes da data exacta dunha inauguración anunciada polos políticos con meses de antelación; como se desconectou o sistema ERTMS co informe desfavorable da empresa instaladora e sen avaliar os riscos só porque había atrasos na chegada dos trens... e máis datos que descubriredes se vedes o documental, en liña ou nalgunha das exhibicións programadas no país.

Á parte dos técnicos e expertos, tamén se presentan as voces das vítimas e os familiares, mais non se trata dunha película que indague e explote os sentimentos; ao contrario: impresiona a dignidade e o esforzo de calma que amosan as persoas que perderon fillos, nais, parellas... sen música suxestiva e sentimental de fondo que convide ao desafogo lacrimóxeno. Estamos diante dun filme composto de retallos obxectivos e directos: reflexións contidas de vítimas e familiares; explicacións técnicas dos expertos; anacos de declaracións dos políticos antes e despois do suceso; extractos dos informes dos responsables de seguridade de Adif, Ineco e Renfe acerca do tren e a vía; fragmentos da publicidade que presumía de Alta Velocidade; triscos de vídeos aparecidos nos telexornais; etc. 

En fin, Frankenstein 04155 establece unha serie de datos tan incontestable que nos leva a concluír que, tal e como se fixeron as cousas por parte dos gobernos do PSOE e o PP, coa connivencia duns técnicos presionados para cumprir uns prazos absurdos, o accidente tiña que ocorrer, antes ou despois. E ocorreu; para desgraza dos mortos, dos feridos, das familias, da veciñanza de Angrois e de calquera que teña un mínimo sentido da solidariedade. Queda a impotencia de saber que os responsables primarios do que non foi un accidente, porque "accidente" é "un suceso imprevisto e casual que pode producirlles dano a persoas ou cousas" (DRAG) e o que pasou o 24 de xullo de 2013 naquela curva era totalmente previsible -e fora advertido repetidamente por máis dun condutor-, aqueles responsables, digo,  non só non recoñeceron a súa culpa, senón que están a ser premiados politicamente, mentres as vítimas claman por unha xustiza que parece serlles negada.

Dicionario fraseolóxico visual. Amor de neno...


Este refrán fálanos do efémeros que poden ser os amores adolescentes ou as querenzas infantís, que- coma un líquido nun cesto- logo se perden.

Variantes: 
Amor de neno, auga nun cesto.
Amor de nena, auga na cesta.
Auga en cesto, amor de neno e vento de cu, todo é un.

martes, 26 de xullo de 2016

O ABC do preconceito. Azagaia

Aprendendo algo máis ca o alfabeto co mozambicano

Dicionario visual. Chándal

Contan que a palabra "chándal" provén da expresión francesa [mar]chand d´ail (vendedor de froitas e verduras; literalmente, de allos). Os cómodos xerseis que vestían estes comerciantes pasaron a denominarse coma os seus portadores (por metonimia), e posteriormente o termo estendeu o seu significado ás prendas deportivas.

Dicionario visual. Crisálide

Conta6. Os tres porquiños

Dicionario visual. Crista

Dicionario visual. Crina

venres, 22 de xullo de 2016

Pérez-Reverte: un señor

Conta6. Educación

Dicionario visual. Desaparafusador

Dicionario visual. Arume

Habitualmente usamos boa parte do vocabulario da imaxe para referírmonos á folla do piñeiro cando está seca.

Natureza Dixital infórmame de que na zona do Barbanza, concretamente en Artes (Ribeira), falaban de ir ao monte por "picaños".
Paideleo comenta que no Porriño lle chaman "candea"; e en Arbo, "fasco".

Conta6. Desconforme


Dicionario visual. Estame

Conta6. Alzhéimer

Dicionario visual. Alfinete

Conta6. Tramo de concentración de accidentes

Dicionario fraseolóxico visual. A pico pé

 

Conta6. Clases moi particulares

Dicionario visual. Guiador

xoves, 21 de xullo de 2016

Conta6. Familia

Conta6. Oferta

Dicionario fraseolóxico visual. Ben cheira o diñeiro...

Dicionario visual. Chispa

Conta6. Aviso

Na entrada de hoxe do blog xogosdelingua (que sigo fielmente porque ofrece ideas interesantes para traballar a lingua dunha forma creativa) aparece unha proposta xenial para practicar a síntese lingüsítica na literatura. Fálanos Carlos L. Medrano de varias iniciativas levadas a cabo en lingua inglesa que condensan relatos en seis palabras. Recoméndovos entrar nas ligazóns que nos achega Carlos para comprobardes que os contos poden ser moi variados en tema e forma.

En canto á esixencia numérica formal, non sei eu se outra cantidade de vocábulos sería máis axeitada ao noso idioma ou non; en calquera caso, ben vale. Así que aquí vai o meu primeiro microrrelato dunha nova subsubsección que titularei Conta6. Titúlase Aviso.


mércores, 20 de xullo de 2016

Santa Rita (Barberá)

Dicionario fraseolóxico visual. Fame na casa...


A crítica ás aparencias é un tema recorrente no noso refraneiro, especialmente punxente contra as de índole económica. Moita fachenda e pouca facenda; Pan mol, moito na man e pouco no fol; Non come miña tía e arrota todo o día... son só algúns dos exemplos de crítica social das aparencias enganosas que podes atopar consultando o DIGALEGO.

Dicionario visual. Pantrigo

Dicionario visual. Guerla

Dicionario visual. Engrenaxe

Dicionario visual. Catarina

Dicionario visual. Vértebra

martes, 19 de xullo de 2016

Dicionario visual. Dendrofobia

Dicionario visual. Dendrocronoloxía

Dicionario fraseolóxico visual. Predícame, Pedro...

Refrán practicado por quen escoita os consellos coma quen oe chover...

Dicionario visual. Cueiro

Dicionario fraseolóxico visual. Onde non vexas corpo...

Este refrán ten dobre versión e aplicación, como vemos: tanto vale para termos consideración coa febleza coma para sacarlle partido á fortaleza.
[Se queres coñecer máis refráns sobre a carga, preme AQUÍ para accederes ao DIGALEGO].

Xentilicios galegos enxebres

O profesor Xosé-Henrique Costas González, da Universidade de Vigo, publicou recentemente un breve estudo verbo dos xentilicios galegos que denominan os habitantes dos territorios de lingua galega. 
Trátase dun texto sinxelo e ameno, no que nos explica de forma concisa a orixe e uso dos sufixos galegos para a creación de xentilicios e propón alternativas populares para combater o que el chama "inventos desgaleguizadores", divulgados polos medios de comunicación (en ocasións disfrazados de cultismos, que o erudito revela mal construídos). 
Se che interesa saber por que o lingüista deosta formas como *sanxenxino, *sadense, *estradense, *cruceño, *monfortino (e moitas máis), e que outros nomes poderiamos usar,  podes descargar AQUÍ de balde Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua e cultura galegas.

luns, 18 de xullo de 2016

Dicionario visual. Taurobolio


Na parroquia luguesa de Santalla de Bóveda de Mera encóntrase un templo tardorromano no que se cre que foron practicados estes rituais bautismos de sangue.

Dicionario visual. Respigo

Dicionario visual. Londiniense

Dicionario visual. Fantasma


[O substantivo "fantasma" é masculino. "Pantasma", no entanto, é feminino].

Dicionario visual. Loto

Parellas imposibles. Trebón/Trevo

Trebón  //  Trevo