Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

luns, 30 de xuño de 2014

Quen fai o seu traballo?

Graffiti no Xfest da Estrada (Disoh)


Graffiti no Xfest da Estrada (Doce12)

Graffiti no Xfest da Estrada (Zake)

Graffiti no Xfest da Estrada (APE Guerrilla)

Graffiti no Xfest da Estrada (R)

Graffiti no Xfest da Estrada (Dabs)

Graffiti no Xfest da Estrada (No3l)

Graffiti no Xfest da Estrada (O Ras)

Graffiti no Xfest da Estrada (Honey)

sábado, 28 de xuño de 2014

Heroes (Bárcenas & Co.)

No álbum Dez atopamos a verdadeira historia de Bárcenas e amighiños

Graffiti de Culleredo II (Pasadizo a outros mundos)

A tola do quad

Polas camiñadas sen rumbo 
e con bochas nos pés,
polos momentos máxicos xuntas:
a sorpresa do porrón enorme 
sobre o tellado,
a penúltima peza do mosaico,
a escena dos secretas 
detendo un home...
polas conversas e os ánimos,
polos seráns con piscolabis,
pola paciencia e a comprensión,
por 60 km de rally imprevisto en quad 
abraiando paisanos
e por todo o que non fai falta dicir:

grazas.

venres, 27 de xuño de 2014

Reencarnándonos

Pensando na pensión

Por cada euro achegado polos eurodeputados
para as súas pensións complementarias,
os contribuíntes entregamos dous
Para financiárense unha paga complementaria á hora da xubilación, os eurodeputados argallaron desde 1990 un plan de pensións privado e voluntario ao que non se lle deu publicidade. Ese plan, actualmente deficitario, será cuberto con diñeiro público sempre que a caixa estea baleira, grazas a unha normativa ordenada por eles mesmos. Ademais, organizaron o sistema mediante unha SICAV radicada en Luxemburgo (paraíso fiscal) para poderen tributar unicamente o 0.01% dos beneficios que obteñan do fondo. A opacidade do caso é tal que nin sequera sabemos cantos parlamentarios participan da sociedade investidora (entre 640 e 1.130).

xoves, 26 de xuño de 2014

Marcha Rubalcaba


Déixao ir!

Xeración 2000, sen tabaco


O caso destas dúas xemelgas idénticas
con vidas paralelas (agás no consumo de tabaco)
levou os dermatólogos a investigar e demostrar
os efectos nocivos do tabaco sobre a pel

A Asociación Médica Británica, que xa conseguiu aprobar legalmente dúas medidas pioneiras que logo se estenderon a outros países (a prohibición de fumar nos espazos públicos e mais nos vehículos que transporten menores) lanza agora unha proposta nova e radical: a prohibición de venderlles tabaco ás persoas nacidas despois do ano 2000.
A realidade é que o 80 % dos fumadores británicos se iniciaron no consumo de tabaco durante a adolescencia e calcúlase que ao longo do século XX morreron cen millóns de persoas no mundo a causa do tabaquismo.

Graffiti de Betanzos (Fun crime kid)

Obra de Gar One aka Gone

Valentía castrexa

Castro, bravo. Bravo, Castro!
Logo de catro anos de instrución do Caso Nóos, o xuíz Castro decide manter a imputación da infanta Cristina, por considerala cooperadora necesaria nos delitos fiscais do marido e por branqueo de capitais.
O maxistrado considera que a socia de Urdangarín participou da trama corrupta argallada mediante a empresa pantalla Aizoon e que se lucrou con ela.
Por outra banda, ao xenrísimo atribúelle delitos varios ata un total de vinte e cinco.

Encontraremos a afouteza do xuíz instrutor nas persoas encargadas de decidir se o caso vai a xuízo?
E se así acontecer, haberá outro maxistrado capaz de enfrontar coa súa coraxe tal proceso?

mércores, 25 de xuño de 2014

Medicación

Videoclip non recomendado para persoas baixo tratamento médico 
e residentes en Compostela afeccionadas aos paseos nocturnos

* O vídeo dura 4'42"
Fluzo é a proposta vangardista de Javi e Hevi

Graffiti da Coruña (Contraste)

G- anders

Os graffiti son arte popular que pertence ás olladas que os contemplan, como acontece coa obra que aparece en primeiro plano e que Glenn Anderson pintou na rúa Orzán da cidade herculina. Ao fondo e á dereita, o colorido do Bar Tracio contrasta e sorprende, creando a ilusión dunha realidade estraña e paralela.

Portas engaioladas

A Churrusqueira
Tras o encaixe de grellas metálicas, as portas superpostas, como retallos dun cendón descolorido, agradan impacientes as tenaces que desganduxen as liñas para abrírense novamente.

martes, 24 de xuño de 2014

Familias listas

Sede do Tribunal de Contas,
inmoble multifamiliar
Resulta que dos 700 traballadores do Tribunal de Contas estatal, case un cento manteñen relacións de parentesco cos altos cargos actuais ou pasados da institución. 
Considerando que estes funcionarios ben pagados (cobran uns 3.000 euros mensuais de media) acceden ao corpo por oposición, só existe unha explicación posible: a intelixencia e a capacidade de estudo son unha cuestón xenética.

Lady Di por Poetarras

Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde

Graffiti da Coruña (Viaxe virtual)


Por obra e graza 
da teima 
de Miguel Trillo 
en fotografar 
os membros 
das tribos urbanas, 
un moteiro 
de Seúl...







...
remata
fitándonos
desde un muro
da Coruña.

luns, 23 de xuño de 2014

Tetracampioa (e moito máis)

Cristina González milita en el Bikila Empleados.
Fotografía de La Voz de Galicia
A arousá Cristina González converteuse esta fin de semana na primeira atleta que gaña por cuarta vez o Campionato de España de 100 km. A moza non se conformou coa vitoria, senón que estableceu un novo récord, cun tempo inferior ás oito horas e cuarto.
Malia o seu éxito profesional, a ultrafondista debe combinar o duro adestramento con dous traballos: dependenta nunha tenda de deportes (en horario de mañá e tarde) e fisioterapeuta (ao mediodía).

Os ídolos de masas son outros. Mágoa!

Se queres ler o artigo de La Voz de Galicia do que tirei a información, preme no enlace:

domingo, 22 de xuño de 2014

Semellanza razoable

Por fociños, por cacheiras!

Berran os muros!!!

Mari Castaña

Letreiro do restaurante Mari Castaña, sito na rúa Orillamar (gggrrrr!!!) da Coruña

Mari Castaña foi unha fidalga galega do século XIV nacida na Cereixa (A Pobra de Brollón, Lugo) que liderou unha revolta contra o poder eclesiástico. Cóntase que chegou a matar o mordomo do bispo de Lugo, que era o encargado de recadar os fortes impostos contra os que se rebelou a tal María; pero unha vez sufocado o levantamento, viuse obrigada a ceder os seus bens á Igrexa para recuperar a liberdade.
A súa fazaña ficou en forma de lenda no imaxinario popular e deu orixe á famosa expresión que se asocia ao seu nome: "nos tempos de Mari Castaña", para enfatizar que algún suceso ou algún costume non pertence á actualidade, senón a tempos moi afastados.

Graffiti da Coruña (Abraio azul)

ErrE

Ergueitos fronte ao mar


Menhires pola paz é un conxunto escultórico deseñado por Isaac Díaz Pardo e labrado por Manolo Paz para render homenaxe aos fusilados durante a Guerra Civil no Campo da Rata da Coruña.

San Paio 2014

Cartel deseñado por Rosa de Cabanas

sábado, 21 de xuño de 2014

Tramando cos tramos

Os técnicos do Ministerio de Facenda sinalan que os únicos beneficiados pola simplificación dos tramos no IRPF serán os declarantes que ingresan máis de 150.000 euros ao ano.

Como haberá que compensar dalgunha maneira a caída de ingresos derivada desa medida económica, ti a quen cres que lles tocará pagar ao final?

Pawel Kuczynski

Literatura popular

Modernidade, austeridade e transparencia

Tal cal, oe!

venres, 20 de xuño de 2014

Se non estás moi católic@


Un momento máxico

Ernesto Fernández, a piques de rematar
Antonte, mentres unha gran parte da poboación apampaba e sufría mirando para os mercenarios do balón, en Marineda City podiamos asistir a un momento máxico: o instante exacto no que o "rubikeiro" Ernesto Fernández colocaba o penúltimo cubo para compor o mosaico colorido da faciana de Nelson Mandela.

O coruñés contounos que levaba investidas unhas 35 horas de traballo (dificultado pola rixidez dos cubos) para conseguir un novo récord: 4.664 poliedros coa combinación exacta de movementos para deseñar a cara do líder surafricano.

Unha idea perfeccionista asaltou a mente do speedcuber no último instante: na esquina superior dereita debían aparecer os algarismos que informasen das pezas utilizadas (4.664) e do número de prisioneiro de Madiba (46.664).

O empeño de dez días de tarefa respondía a un obxectivo solidario: recadar diñeiro para o Centro de Mediación Social que a Cruz Vermella ten na Coruña e que atende nenos e mozos con dificultades sociais que precisan apoio educativo específico.

E por que quedou un oco para completar o retrato?
Porque tal honra quedaba reservada para un concelleiro que acudiría ao día seguinte.

martes, 17 de xuño de 2014

"Vogal" vén de "voz"

Non deben de sabelo os vogais do Consello de Administración de Adif imputados no caso Alvia, que se negaron a declarar perante o xuíz Aláez.

Fotografía: Efe

Taboleiro graffiteiro I

A fertilidade graffiteira do país é tan grande que resulta imposible adicarlle unha entrada a cada achado, así que escollín detalles dos meus arquivos fotográficos para ofrecérvolos xuntiños nesta colaxe, confiando en que os personaxes non pelexen.

Pícnic

A Churrusqueira

Desequilibrad@s

luns, 16 de xuño de 2014

Graffiti do Mundial

Inconforme (Som do Galpom)

Un videoclip refrescante para combater a calor

Lugar con xenio

No Concello de Monfero, parroquia de San Fiz

A Terraza, á intemperie


A Terraza de Sada continua a deteriorarse sen que a Dirección Xeral de Patrimonio acabe de declarala BIC (Ben de Interes Cultural).
O magnífico edificio modernista foi proxectado por Antonio López Hernández e erixido nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña en 1912, pero trasladouse peza a peza sobre carros de bois ata o paseo marítimo sadense en 1920. Desde entón e ata 1957 funcionou como estación para o tranvía que unía a vila mariñeira coa Coruña. Na actualidade o inmoble está ocupado por unha cafetaría que ofrece veladas de jazz ocasionalmente e cuxa concesión de explotación rematará en 2018.
Xa en 1975 o Ministerio de Cultura iniciara os trámites para declarar o quiosco Monumento Histórico-Artístico Nacional, pero o expediente rematou en augas de bacallau. E así seguimos, cunha xoia do art-decó desamparada ante o paso do tempo e dos temporais.

Tentación de paredes brancas

domingo, 15 de xuño de 2014

Ekaterina Trúsheva

Ekaterina Trúsheva é unha rapaza rusa de trece anos que acaba de idear a forma de viaxar polo espazo nun tempo récord (uns 42 anos para chegar a Alfa Centauro, a estrela máis cercana ao Sol, fronte aos 50.000 dos proxectos actuais). O vehículo imaxinado pola moza tería unha capacidade para aloxar uns cincocentos pasaxeiros e usaría como combustible o medio ambiente interestelar (composto por hidróxeno nun 70%) que sería captado por medio dun funil magnético, logo sería comprimido e quecería por reacción termonuclear.

Se queres escoitar a nova en ruso, preme no enlace:
http://www.europapress.es/ciencia/noticia-nina-rusa-inventa-nave-llegar-otras-galaxias-20140331164933.html


Большое спасибо Интернет-пользователей

Felino underground

Máis agarimoso que rabudo

Cu(rrás) de bo asento

Currás pensou que o slogan do cartel ía por el
La Silla Roja é un proxecto de Entreculturas que busca axuda para escolarizar os 57 millóns de nenos e nenas sen acceso á educación regrada que hai no mundo (datos da UNESCO).

En otubro, durante a Carreira Pedestre Popular organizada por El Correo Gallego, o ex-alcalde (e próximo edil) Ángel Currás posou sorrinte sobre a cadeira vermella instalada pola organización solidaria para dar a coñecer o seu proxecto.

E fixo moi ben, porque lle cómpre máis educación que a toda a rapazada xunta.

sábado, 14 de xuño de 2014

Nena con lapis

Ilustración: Jimmy Lawlor
Labras retortas 
como volantes de madeira refinada, 
colariños barrocos 
dunha cervantes temperá
que sostén a lanza pacífica.
Combatente da ignorancia,
a guerrilleira precoz
da palabra oceánica:
profundamente azul
mais ondulada.
Puntilla camariñá
de branca escuma
(pegada efémera
sobre a area da praia)
que volverá, 
calma, 
ao mar.
                                              A Churrusqueira

Tesoiras na Igrexa, desde cando?

Portada lateral da igrexa de San Francisco de Betanzos