Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 29 de novembro de 2014

venres, 28 de novembro de 2014

Graffiti de Lugo. Entornando os ollos


No Paseo dos Estudantes

Graffiti de Lugo. Bure con keko peliazul de Yoe Graff

Circo Crew. Creación xunta o Paseo dos Estudantes

Graffiti de Lugo. Loucura pola sinatura

Graffiti de Lugo. Nenez feliz?

Graffiti de Lugo. Peixes e peixiños

Buble Gum One

Graffiti de Lugo. Bip-bip!

No CEIP Menéndez Pelayo (R/ Serra de Outes)

xoves, 20 de novembro de 2014

Vivo en ti. Coro do IES Francisco Aguiar de Betanzos

Desde Betanzos para o mundo, adaptando o tema Si me voy, de Paula Rojo

video


[Saúdos a toda esa xentiña. Hoxe, desde Lugo.]

Insectario. Luís Seoane

Velaquí unha mostra das xilografías do artista plástico galego
que podemos contemplar no Museo Provincial de Lugo

Enlace ao DRAG: definición e pronuncia (na suxestiva voz do actor Luís Iglesia) da palabra 'xilografía'.

martes, 18 de novembro de 2014

Indiferenza machista

Vero Boquete, candidata ao Balón de Ouro
Verónica Boquete é a capitá da selección española de fútbol feminino. Naceu en Compostela e hai tempo que xoga fóra: en Suecia, Alemaña, EUA... 
Das dez xogadoras do mundo candidatas ao Balón de Ouro, é a única sen marca patrocinadora, porque as firmas internacionais só poden contratala desde as súas filiais españolas e aquí non lle fan caso. 
Vero laméntase de que as xogadoras españolas, que conseguen triunfos deportivos internacionais, mesmo deben comprar as propias botas para poderen competir.

Se queres ler a noticia completa, preme no seguinte enlace:

domingo, 16 de novembro de 2014

Tatauxes gañadoras de "Galiza, a flor de pel"


En http://www.blogoteca.com/tattoosdagaliza/ podes ver os 160 deseños enviados ao concurso e outros máis que se seguen sumando a esta 'tatooteca' que pretende recoller as tatuaxes gravadas nos corpiños desa xente que leva o país sobre a epiderme.

Graffiti obsceno


Na miña recolleita de graffiti, ás veces encontro pintadas indesexables, suxas. Esta é, sen dúbida, a peor que atopei polo de agora: Leer es de Maricas. A expresión simultánea de homofobia e enxalzamento da ignorancia outórganlle o desprezable primeiro posto no palmarés da estulticia. 
Para maior pena, a caligrafía, que semella infantil, atópase nun recunchiño ben coidado próximo á Praza Maior de Lugo: a Praciña do Colexio (nome alusivo ao centro escolar dos padres franciscanos, abeirado á praza).

venres, 14 de novembro de 2014

Biga en Lugo

Enferrúxanse as bestas anoréxicas á intemperie da Praza Maior lucense, mais non perde forza a expresión das súas cabezas: orellas guichas, crinas ergueitas, furibundos os ollos baleiros... ofrecen orgullosas e compracentes as súas selas ao brinquedo infantil desde o ano 2012, mercé ao oficio e a arte dos ferreiros.

xoves, 13 de novembro de 2014

Casas estrañas. Un edificio con vistas



Desde o adarve da muralla romana de Lugo podemos contemplar  e sermos contemplados asemade, grazas ao singular edificio extramuros.

E que encontramos se viramos sobre o noso propio eixe 180º?
O centro de saúde Nosa Señora dos Ollos Grandes.

Todo cadra.

mércores, 12 de novembro de 2014

martes, 11 de novembro de 2014

Dicionario visual. Breakdance


Aínda que o DRAG non recolle o anglicismo 'breakdance', este termo si aparece no Gran Dicionario Xerais da Lingua.

O enlace levarate a un vídeo realizado por Singrima Films que recolle algúns momentos do campionato de España de breakdance que se celebrou en Compostela o 1 de novembro:

luns, 10 de novembro de 2014

Marianico el Corto

Palabras na arañeira

Enceréllanse as palabras
como insectos na arañeira,
tremelican e tremelocen
os filamentos transparentes:
liñas de sintagmas
que infinitan o nobelo.

Engrósase a madeixa
no vaivén da dúbida,
abaneando donda no bambeo,
indolente aos verbos secuestrados
(e os adverbios) tras os dentes.

E de repente,
devecen por desanoarse,
por desataren a lingua,
as letras caladas:
invisibles fantasmas
dos textos inéditos
que enchen o cerebro.
Méxense e reméxense
os arquivos e os documentos
no hemisferio esquerdo.

Como un tumor benigno
que o bisturí extirpa 
para que flúa o sangue liberado,
os versos claros
... agardan.

Dicionario visual. Bóla


Se queres que unha imaxe escollida por ti apareza na bóla, podes conseguilo facilmente no seguinte enlace: http://es.photofacefun.com/?section_id=10

domingo, 9 de novembro de 2014

Debuxando a Nala. Heather Rooney

Uns poucos lapis abondan cando sobra talento.
Máis coñecida polas súas pinturas hiperrealistas de famosos (nomeadamente de deportistas e actores), a novísima Heather Rooney ofrécenos -neste vídeo acelerado- unha representación da gatiña Nala.

video

Para ver o vídeo con maior resolución:

Dicionario visual. Buxaina


Polo San Martiño, peóns ao camiño.
Polo Santo André, trompos outra vez.
Polo San Amaro, peóns ao tellado.
Polo Santo Antón, peóns ao caixón. 
Pola Santa Olalla, peóns á borralla.
Polas Pascuas, trompos ás ascuas.

[A RAG desaconsella o termo 'trompo'. O vocábulo 'bailarete' non designa o mesmo obxecto: ver DRAG aquí.]

venres, 7 de novembro de 2014

Mesquita de Córdoba. Colita


A historia da humanidade condénsase nesta imaxe da artista catalá: para que unhas columnas se eleven ata o Ceo, outras deben dobregarse sobre o piso.



Colita renuncia ao Premio Nacional de Fotografía e diríxelle unha carta ao ministro Wert na que lle expón polo dereito as súas razóns. Podes lela no enlace ao xornal Ara.

Se queres visitar a páxina oficial da fotógrafa, preme AQUÍ.

ImPUTADIÑA


Imputada, pero pouco. Unicamente por delitos fiscais, nos que Facenda non se sente prexudicada. Do branqueo de capitais, zafa. E a vivir, que son dous días!

xoves, 6 de novembro de 2014

Por unha letriña!

A grande esperanza negra hai ben tempo que viña perdendo a cor. A derrota -tras a desilusión provocada entre os electores latinos, sobre todo, pola demora na reforma das leis migratorias que tanto lles afectan- concedeulle a maioría no Senado e no Congreso ao Partido Republicano e agora a Obama só lle queda manter o tipo ata 2017, ano no que rematará a súa presidencia.
Sen concluír a grande aposta do seu goberno por unha Sanidade pública de calidade, mantivo (mantén) unha política exterior no que se refire aos conflitos bélicos que ben podería ter asinado a dereita máis conservadora (véxase, simplemente, o apoio incondicional a Israel no masacre de Gaza dos últimos tempos). A concesión do Premio Nobel da Paz (?!) en 2009 non lle impediu bombardear ata sete países desde aquela.
Por estas razóns e por outras (como o incumprimento da promesa de pechar Guantánamo) comparto a decepción por un presidente cuxa imaxe se foi esvaecendo canda os seus actos, tornándose máis e máis cincenta, destinguíndose ata o branco, desaparecendo tal pantasma do que non chegou a ser.

COSPEdal, comunicadora ideal

Pinga. Xián Blanco

As fotografías de Xián Blanco son un convite para a camiñada devagariño, para a mirada atenta á beleza miúda e de balde que nos agarda á volta de cada recuncho. Unha sinxela gota -esfera líquida cotiá- talvez agoche no seu reflexo escintilante unha sorpresa ou un misterio. 
Redescuberta da natureza e dos obxectos simples que nos rodean e acompañan, como ese lapis alaranxado, apuntando -desafiante- ao ceo; os insectos ao agocho tras as herbas; a suavidade luminosa e etérea do mexacán, que de tan branco se volve azul...
Non se trata unicamente de calibrar con precisión a luz, a composición, a profundidade... porque o dominio da técnica fai oficio; pero só a ollada singular fai arte.

Cow-boy das Rías Baixas. Santos Morcegos!!!

As badaladas resoan no aire azul que mexe o millo mentres os cipreses apenas abanean no camposanto en calma.
Unhas botas con esporas presaxian o duelo, que o elegante lector impasible evita con retranca (- Quen gaña? - O que non perde.)
Na taberna, pedras de granito do país nas paredes e non táboas americanas; e un penico branco, relocente, sobre a barra. Non se escancia whisky nos vasos, senón tinto nas cuncas e os naipes de póker renunciaron ante as fichas de dominó sobre o tapete, que deseñan, pícaras, un vaqueiro ben dotado. 
Esta taberna non é un saloon. Esta taberna é a homenaxe musical da banda guardesa Santos Morcegos!!! ao irrepetible John Balan (que en paz descanse).

video

mércores, 5 de novembro de 2014

Dicionario visual. Cadela

Fotografía: Xián Blanco Méndez (preme sobre o nome para ver fotos espectaculares)
Modelo: Bellota

Non ter unha cadela: non ter diñeiro.
Saír can a cadela / Saír a cadela can: levar unha decepción.

Enlace ao DRAG: AQUÍ

luns, 3 de novembro de 2014

Erotízate!


Dicionario visual. Faciana

Espectador expectante. No3l (2014)

Dar a cara: afrontar as consecuencias dos propios actos.
Cara a cara: en presenza do outro e descubertamente.
Con cara de can: hostilmente.
Con cara de poucos amigos: desagradable, adusto.
Ser un cara lavada: ser inconsecuente, atrevido ou desvergonzado.
Ter moita cara: aproveitarse dunha situación.