Había moito tempo que non vía este tipo de básculas. Atopeina casualmente no interior da Estación de Autobuses de Lugo e parece estar en uso, así que ofrece a posibilidade de coñeceres o teu peso ao módico prezo de 20 céntimos.
Tampouco desentoa o letreiro luminoso que anuncia o xornal galaico no ambiente retro da terminal lucense: podes viaxar no tempo sen sacar billete para ningures. Un luxo ao alcance de todos os petos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario