Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 30 de abril de 2014

A estrugas teñen corazón

Imaxe por cortesía de Victoria C.F.


Para descubrir 
a realidade agochada 
tras as aparencias
só hai que pararse 

e observar

atentamente.

martes, 29 de abril de 2014

Natureza anfibia


Manuel Rivas xa proclamara a natureza anfibia do ser galego, afeito á humidade desde o inicio dos tempos.




O corpo humano é o lenzo de Johannes Stötter

luns, 28 de abril de 2014

Como pasa o tempo...

O noso porquiño bravo acaba de soprar as vinte candeas. Parabéns!

Un clásico de Iván Ferreiro: Bocata e futbolín

venres, 25 de abril de 2014

Aprendizaxe

Chema Madoz
Indolencia da epiderme,
noutrora elástica e transparente,
sensible ao tacto de aguillóns punxentes
e hoxe coiraza sabia e defensiva.

Sincronía do latexar do sangue
-fluíndo quente polas veas-
coas descargas eléctricas e vibrantes das neuronas
para desandar o labirinto dos paradoxos.

Estratificación dos pensamentos
como sedimentos xeolóxicos
dunha etapa prehistórica.
Ordenación do caos.
Cuadrícula do xenio.
Repulsión das sombras sobre as pálpebras.

Camiñando soa, chisco un ollo ;-)
                                                                            e nube!

                               A Churrusqueira

domingo, 20 de abril de 2014

Cortando ás




Entre cen e duascentas alumnas foron secuestradas no seu instituto en Chibok (Nixeria) polo grupo terrorista Boko Haram (que na lingua hausa significa "A educación occidental é pecado"), logo do atentado do luns en Abuya, que sementou de cadáveres a estación de autobuses. A pretensión da banda armada é impoñer a lei sharía na nación máis poboada de África (170 millóns de habitantes). 
Un ataque máis ás mulleres na súa cerna, coa intención de lles cortaren as ás antes mesmo de que pensen en voar.

sábado, 19 de abril de 2014

Graffiti de Ordes I

DesOrdes Creativas. Murais artísticos adubados con crítica social

O festival internacional de arte urbana que se celebra en Ordes desde hai seis anos é unha boa mostra de como o traballo colaborativo produce resultados beneficiosos para toda a comunidade. Arte popular para o goce de todos e todas que rexenera espazos estragados polo abandono e o desleixo.

venres, 18 de abril de 2014

Upa, Bellota!

Como pode haber xente tan ruín que envelene uns seres que nos queren sen condicións?

Agora, "descastelizarnos"






Veciños da comarca de Monterrei estanse a mobilizar contra os plans da Xunta de converter o seu castelo nun hotel de luxo. Segundo o goberno galego, trátase de trasladar alí as instalacións do Parador de Verín, o deficitario aloxamento da rede hoteleira estatal.
No entanto, a falta de transparencia que está a envolver o proxecto levanta sospeitas sobre a súa posterior privatización. En calquera caso, a protección que regulamenta na actualidade o monumento (considerado BIC: Ben de Interese Cultural) garante o seu uso público e para goce da veciñanza, que non está disposta a perder o seu patrimonio sen loitar.

Se queres unirte aos veciños nesta petición, podes asinar na plataforma change.org premendo no enlace:
http://www.change.org/es/peticiones/sr-alberto-n%C3%BA%C3%B1ez-feij%C3%B3o-presidente-da-xunta-de-galicia-por-un-uso-p%C3%BAblico-e-cultural-para-o-castelo-de-monterrei-unha-restauraci%C3%B3n-do-castelo-non-un-novo-hotel-a-garant%C3%ADa-da-integridade-patrimonial-da-fortaleza-durante-as-obras

martes, 15 de abril de 2014

De profesión: os seus labores

Xoan Carlos I,  nunha visita
aos Emiratos Árabes en 2012.
Daquela, segundo El Confidencial,
foi agasallado con dous Ferrari
Nestes días as seccións de Internacional dos xornais e das televisións non se fartan de enxalzar o inmenso labor diplomático do rei Xoán Carlos I (xefe do Estado español por obra e graza da nai que o pariu) na súa "tourné" por países árabes.
Os medios destacan anteriores logros, como a adxudicación da construción do metro de Riad ou a do AVE á Meca a empresas españolas grazas á mediación do soberano; ao tempo que calan os contratos para a venda de armamento a países que destacan especialmente polo respecto escrupuloso aos dereitos humanos, nomeadamente aos do sector da poboación que naceu con vaxina.
Tampouco nos contan qué parte do león (acáelle máis que o quiñón) vai levar o monarca que, como sabemos, se dedica ao lucrativo oficio de comisionista cando non está matando paquidermos e outros mamíferos en perigo de extinción, navegando a toda vela ou desconxuntándose con calquera outra actividade deportiva.

luns, 14 de abril de 2014

Rascadela no bus

Detalle de rascadura nun autocar en Betanzos

Cicatriz veloz
polo rozamento violento e leve.
Vermello, marfil e rosa
sobre fondo azul,
na horizontalidade das liñas
desgastadas e sangrantes.
Erudición plástica
da carrozaría humilde,
a dar leccións 
de arte contemporánea.

                              A Churrusqueira

mércores, 9 de abril de 2014

martes, 8 de abril de 2014

Cuca e cucos


De todos é sabida a habelencia da femia do cuco para apousentar o seu ovo en niño alleo co fin de que outros fagan o seu traballo. Seguramente por iso o dicionario da RAG recolle como acepción de "cuco": "[Persoa] que se comporta con astucia e habilidade para conseguir os seus obxectivos".

No conflito que as traballadoras da conserveira Cuca manteñen con Garavilla (grupo empresarial vasco que mercou a firma), o TSXG xa lles deu a razón ás mulleres, que teñen dereito a recuperar os seus postos na fábrica de Vilaxoán. No entanto, os cucos de Garavilla obrigan a case un cento de mulleres a desprazarse ao Grove cada día logo de fichar en Vilaxoán.

El será que o espírito da marca se apoderou dos seus directivos? 
Ai, o poder das palabras! 

venres, 4 de abril de 2014

Ánimo, Gabo

Grazas...


Por aprendernos que as historias cotiás da xente sinxela agochan realidades marabillosas.
Que nas aldeas máis pequeneiras do planeta acontecen sucesos extraordinarios.
Que todos levamos dentro a capacidade de descubrir os segredos dos universos minúsculos.