Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 6 de xullo de 2017

Dicionario fraseolóxico visual. O rosario ao pescozo...

Ilustración de Lloyy

Dicionario visual. Cotovía

Dicionario visual. Apisoar

Dicionario visual. Cullereiro

Dicionario visual. Raio


Rande arrandea


Cando as condicións laborais precarias causan mortes, non deberiamos falar de accidentes laborais senón de atentados contra a clase traballadora por parte dos empresarios, coa conivencia das administracións públicas que licitan as obras e logo non cumpren coa súa obriga de velar para que nelas se respecten as leis.

Desta volta faleceu un obreiro na ponte de Rande, unha semana despois de denunciaren os traballadores a explotación que sofren, con xornadas de 12 horas de insolación a cambio de salarios miserentos.

mércores, 5 de xullo de 2017

Dicionario fraseolóxico visual. Cara de ferreiro

Dicionario visual. Cadáver

Dicionario visual. Intercambiar

Dicionario visual. Picante

Dicionario visual. Apaño


Galicia Bilingüe: castejano ou españolo


A ONG sen ánimo de lucro loita de novo contra a imposición das linguas minorizadas do Estado sobre a dominante. A plataforma da que Galicia Bilingüe forma parte, Hablamos Español, impulsa unha ILP para que as familias poidan educar a súa descendencia na escola pública unicamente no idioma cervantino. Tocante aos centros concertados e privados, representantes da organización manifestaron que non ten caso porque neles, afortunadamente, só se usa o dialecto vernáculo o Día das Letras Galegas, nun par de cancións e algún poemiña bucólico. "Por la libertad de expresión y de educación, tenemos derecho a que nuestros hijos ignoren y desprecien una parte esencial de la cultura en la que han nacido o viven, tanto o más de lo que ya lo hacemos nosotros, porque la vida es progreso", declarou un militante de Galicia Bilingüe a este medio.

martes, 4 de xullo de 2017

Dicionario fraseolóxico visual. Todo o que vén na rede é peixe

Dicionario visual. Polo

Dicionario visual. Setenaria/o

Dicionario visual. Rastro


Dicionario visual. Bifurcación

luns, 3 de xullo de 2017

Dicionario visual. Contradición


As combinacións fotográficas de Stephen McMennamy reinterpretan ludicamente os obxectos que nos rodean a partir dunha certa semellanza formal. Xogando coas cores e adaptando os tamaños, consegue a confluencia necesaria para enganar o ollo e provocar o humor.

Dicionario visual. Bípede

Dicionario visual. Deter

Dicionario fraseolóxico visual. Polo Santiago...

Dicionario visual. Manancial

Dicionario visual. Polivalente

Non é verán de Estrella Damm. Ezetaerre

Quen dixo que a canción do verán non pode ser reivindicativa? Ezetaerre demostra que é posible nun vídeo que parodia a estética estival que nos venden os medios. Os piratas obreiros secuestran e okupan o veleiro dalgún patrón para navegar entre bateas ou invaden a piscina dun chalé para festexar. Camisiñas coloridas, bermudas e lentes de sol contrastan co vestiario daqueloutros que fican no río ou na fraga, compartindo mesa co/as colegas.

Aquí vos queda o vídeo e, máis abaixo, a letra (que paga a pena ler atentamente).


http://www.ezetaerre.com/

Despois de tanto frío xa tardaba este verán
E invaden a terriña eses turistas alemáns
Mollando a sardiña nun cacho de pan,
Que aquí non se pide paella, paspán
Non son illas Caimán este grande paraíso
Aínda que o queiran converter noutro luxo para ricos
Cemento e pelotazo, tópicos tan típicos
Galiza tropical éche sitio distinto
Noite, lúa, estrelas sobre a area
Berrarlle a ese pavo que está a roncar na sesta
Perreo salvaxe co son das orquestras
Nin piche no mar, nin lume na foresta
Protesta! Que xa chega o trebón
Que non te pille vendo a televisión
Dá noxo o seu xogo de especulación
Outro desaloxo, outra okupación

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Balcóns e turistas moi ben non casan
Non sei se é un paxaro ou é un avión
Pronuncias Sangenjo con aires da Castellana?
Vas ir directiño a un gulag en Benidorm

Non é verán de Estrella Damm
É o verán da working class
Collimos forzas todo o ano
para expropiarlles o verán

Nós non imos a Cancún que a pasta non sobra
Toca traballar, nin cruceiros, nin tumbonas
Queremos que a Solana sexa pública pra todas
E se isto non se arranxa... Bomba!
Queda ti no iate, eu na praia ao atardecer
Nadando en San Amaro cun frío que corta a pel
Outro festival no que se pon a chover
E o cabrón do Antonio que non pensa aparecer
Non sei se son camareiro ou escravo
Tres meses de explotación e din que baixa o paro
Hoy no hay contrato
Soño dunha noite dun curro precario
Un partido cos colegas á luz do serán
E co son dunha canastra cunha rede de metal
Expropiaremos cada casa en primeira liña de mar
Fódete, Maluma, este é o tema do verán

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Loitar nesta vida pasando do drama
Fuxindo de guiris queimados ao sol
Que é iso que toma o calvo da Panorama?
¡No! ¡Azúcar no!

Retrouso

Espertamos da resaca cun tema de Georgie Dann
Aires de Caribe Mix entre as Ketchup e Chayanne
Unha sesta co Tour pegado ao ventilador
Que esta noite imos de esmorga como ingleses en Salou
Yo sí quiero montarme en tu velero
Poñer rumbo a Lampedusa e asaltar un patrulleiro
Pra vivir mediterraneamente
O mar é o cemiterio dunha Europa indiferente
Vente a construír outro verán
As festas libres de acoso xa non poden agardar
Non máis xentrificación, nin turismo colonial
Non máis curro veraniego, inestable e temporal
E Jordi Cruz a currar nun chiringuito
A tres euros á hora e sen dereito a finiquito
Primo, cadaquén na súa función
Tourist go home and refugees welcome

Pintarmos nas nubes lembranzas e soños
Volta á rutina, non quero máis choros
Coidarnos, vivirmos sen pensar no como
Se temos apertas que agarde este outono
Picantes coma os pementos de Padrón
Contemos historias pra rir a cachón
Manel Navarro, o teu tema é un mojón
2018, Ezetaerre a Eurovisión