Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

domingo, 31 de xaneiro de 2016

Parellas imposibles. Raiar/Relar

Raiar  //  Relar

Parellas imposibles. Radio/Raio

Neste caso (como en tantos outros), faise complicado simbolizar aquí todos os significados destes vocábulos, pois atopámonos con casos de homonimia e polisemia. Por este motivo, deixo varios enlaces de consulta para que exploredes no dicionario.

Parellas imposibles. Cascallo/Escombro

Accedendo ás ligazóns, poderás descubir sinónimos de cada termo:
Cascallo                           Escombro

Parellas imposibles. Dó/Duelo

"Dó" e "duelo" no DIGALEGO
E unha vez máis, outro homónimo: a nota musical "dó"

Parellas imposibles. Abonar/Fertilizar

"Abonar" e "fertilizar" no DIGALEGO
E mais o terceiro en discordia: "aboar"

Parellas imposibles. Boneca/Pulso

Boneca  //  Pulso

Parellas imposibles (?). Meco/Mimo

Mimo  //  Meco

sábado, 30 de xaneiro de 2016

Parellas imposibles. Po/Polbo

"Po"  e "polbo" no DIGALEGO

[Lembra que as palabras monosílabas non levan acento gráfico, agás no caso de necesidade diacrítica.]

Parellas imposibles. Néspera/Nespra

Parellas imposibles. Manga/Mango

Manga  //  Mango

Parellas imposibles. Talla/Talle


"Talla" e "talle" no DIGALEGO

Parellas imposibles. Cardeal/Mazadura

Parellas imposibles. Coar/Colar


"Coar" no DIGALEGO e no DRAG        "Colar" no DIGALEGO e no DRAG

Parellas imposibles. Copla/Copra


"Copla" no DIGALEGO e no DRAG     "Copra" no DIGALEGO e no DRAG

Parellas imposibles. Soar/Solar

Soar  //  Solar

Parellas imposibles. Soia/Solla

"Soia" no DIGALEGO  e no DRAG        "Solla" no DIGALEGO e no DRAG

Parellas imposibles(?). Poldra/Potra


"Poldra" no DIGALEGO e no DRAG      "Potra" no DIGALEGO e no DRAG

Ao pouco de publicar esta entrada, chégame un comenatrio de Séchu Sende vía facebook cunha ligazón ao Dicionário Eletrónico Estraviz, no que se recollen os termos "potro" e "potra" cun maior número de acepcións que no DIGALEGO e no DRAG. Desta forma, ese significado de "potra/o" equivalente a "poldra/o", que desbotan os manuais oficialistas, queda autorizado nestoutro dicionario. Engado, pois, as ligazóns ás palabras "potra" e "potro" recollidas no tal: 

Parellas imposibles. Faiar/Fallar

"Faiar" no DIGALEGO e no DRAG         "Fallar" no DIGALEGO e no DRAG

Parellas imposibles. Faia/Falla

"Faia" no DIGALEGO e no DRAG          "Falla" no DIGALEGO e no DRAG

Lembra: podes escoitar a pronuncia das palabras no DRAG, e coñecer a súa etimoloxía e tradución a outros idiomas no DIGALEGO.

Parellas imposibles. Faio/Fallo


"Faio" no DIGALEGO e no DRAG         "Fallo" en Zarampagalegando

Para escoitares a pronuncia das palabras, usa o DRAG; para coñeceres a súa etimoloxía ou a tradución a outras sete linguas, o DIGALEGO.

Parellas imposibles. Fallo/Sentenza

"Fallo" no  DIGALEGO e no DRAG       "Sentenza" no DIGALEGO e no DRAG

Para escoitares a pronuncia das palabras, usa o DRAG; para coñeceres a súa etimoloxía ou a tradución a outras sete linguas, o DIGALEGO.

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Churrusquenciclopedia. Galeigo


Galeigo: persoa nacida en Galicia que non amosa coñecemento nin respecto polos seus compatriotas nin pola súa terra. A súa ignorancia verbo da propia identidade conduce o individuo galeigo a manifestar condutas contrarias ao interese xeral da súa comunidade. A súa desafección explícita ao enxebre proporciónalle frecuentemente un status privilexiado no hábitat, alentado e promovido desde instancias externas. Non se atopa en perigo de extinción e ten demostrada unha alta capacidade de resistencia fronte aos seus inimigos naturais: a xustiza social e o sentidiño.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Parellas imposibles. Soto/Souto


O DIGALEGO ofrece a tradución dos termos a varios idiomas e mais a súa etimoloxía. 
O DRAG achega a opción de escoitar a pronuncia das palabras na voz do grande actor Luis Iglesia.


Parellas imposibles. Sono/Soño

"Sono" no DIGALEGO                    "Soño" no DIGALEGO

Parellas imposibles. Serea/Sirena

Neste caso, poderiamos falar de trío imposible...

Serea  //  Sirena

Parellas imposibles. Peluche/Peluxe

Manteño o nome da subsección nesta parella, aínda que a ninguén se lle escapa a estreita relación que gardan os dous vocábulos. No primeiro caso, falamos dun tipo de tecido (e, por exetensión, de certos bonequiños confeccionados con el); e no segundo, do peliño suave e cativo, tal o dos naipelos.

Peluche  //  Peluxe

Ence e o "efecto chamada"

 

martes, 26 de xaneiro de 2016

Parellas imposibles. Fonda/Onda

Parellas imposibles. Xeneral/Xeral

Xeral  //  Xeneral

Parellas imposibles. Ola/Onda

Ola  //  Onda

Parellas imposibles. Gaio/Gallo

Gaio  //  Gallo

Parellas imposibles. Desenrolo/Desenvolvemento

Ría de PPontemerda: condena eterna


Nota: Zarampagalegando non se fai responsable da heterodoxia lingüística do ppresidente.

domingo, 24 de xaneiro de 2016

Parellas imposibles. Furna/Urna


Furna  //  Urna

Parellas imposibles. Flamenco/Flamengo

Parellas imposibles. Coello/Conexo


Coello  //  Conexo

Parellas imposibles. Aroma/Arume


Aroma   //   Arume

Parellas imposibles. Talo/Tallo

Talo  //  Tallo

Parellas imposibles. Beca/Bolsa

Beca  //  Bolsa

Fontán. Marcos Calveiro

Así o chamaban todos os nenos no quinteiro de Porta do Conde. Con rotundidade. E cun aquel de temor tamén.
O Mundo.
Logo, cando medraban, non o nomeaban. Mais non o esquecían, non. Quen podería esquecer o Mundo?
Algúns ollábano con nostalxia. Outros incluso se persignaban cando o divisaban ao lonxe.
Impoñente. Inalterable.
O Mundo.
Santuario de xogos. Atalaia. Campo de batalla. Fortaleza. Ara da infancia. Todo iso era. Ou fora. Ou sería.
O Mundo.
Mingos e o seu irmán maior, Andrés, agromaron ao seu pé. O fragueiro quedaba a unha carreiriña de can da casa de don Rosendo e da señora Sebastiana, os seus pais. Dende a cortiña ou o patamal víano sen sequera poñerse nas puntas dos pés.
E a carón do Mundo, o Mundiño. Un penedo máis pequeno e humilde. Coma o acólito dun crego ben mantido.


Así comeza a novela de Marcos Calveiro sobre Domingo Fontán, o científico que percorreu o noso país a cabalo durante dezasete anos co fin de cartografalo de forma sistemática e rigorosa. Un personaxe fascinante nunha época convulsa, empeñado nunha misión intelectual que finalmente acadou, malia as dificultades. Polifacético e gran traballador; Fontán viaxou, exerceu a docencia, estudou varias carreiras, formou unha familia, ocupou cargos políticos... mais tamén sufriu represión polas súas ideas liberais.
Un libro moi recomendable, protagonizado por un home movido pola ansia de coñecemento nunha época que deixara atrás o Século das Luces para ensumirse outra volta nas tebras.

luns, 18 de xaneiro de 2016

Paradoxos. Heduardo Kiesse

Paradoxos é un espazo web para accedermos á poesía de forma diferente á habitual, un lugar a cargo de Heduardo Kiesse, que parte de textos propios ou alleos e "ponos a andar".
Déixovos aquí un dos vídeos do sitio; e ao seu pé, o enlace á páxina.


A mansión dos Pampín

A partir da novela gráfica de Miguelanxo Prado, o alumnado do IES Ferrolterra realizou unha versión dramatizada ben amena. Unha crítica á especulación urbanística, ao desleixo do rural, ao abandono dos maiores, ao desprezo polo patrimonio, ao materialismo, á masificación e estandarización dos espazos de lecer...
Podes acceder ao vídeo premendo no enlace ao pé da imaxe.
 

sábado, 16 de xaneiro de 2016

Moving on. Ainslie Henderson

Desde a Antigüidade, o fío é un dos elementos con maior carga de simbolismo. Desta volta, uns simples nobeliños abondan para escenificar a dificultade de afrontar o tránsito da vida cara á nada, mais tamén a ledicia da viaxe oposta.