Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 30 de abril de 2015

Graffiti de Monforte e...

Non me preguntedes por que, pero en canto vin o vello cos miolos por fóra, a imaxe que veu aos meus foi a do busto da Dama ilicitana. Misterios das neuronas!

Dicionario visual. Chuchamel


Esta planta con certa semellanza á estruga, non pica; así que mantede a calma cando vola encontredes estes días, pois está en plena floración. A da imaxe foi fotografada en Escairón (O Saviñao).

xoves, 23 de abril de 2015

Cabaleira. Alba María

Quen dixo que a elegancia non casaba co humor? Velaquí a evidencia de tamaña falsidade. Benvida sexa esta voz fresca pero madura ás nosas músicas e letras.

video


martes, 21 de abril de 2015

Chocando nas paredes

Persisto na miña teima de descubrir o que se agocha nas manchas arbitrarias dos muros. 
Desta volta, non hai dúbida...


Unha galiña choca

domingo, 19 de abril de 2015

Feijóo. Poetarras

Nesta ocasión o colectivo arterrorístico Poetarras (Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Villaverde) versionan o tema Roar de Katy Perry nun vídeo realizado por Pablo Lamosa. Outro xeito de falar de sociolingüística.
Bravo!

video


Cicuta acuática

A cicuta acuática florece no verán en zonas inundadas. Mide ata uns 120 cm, as súas follas son dentadas e as flores agrúpanse en umbelas compostas. É unha das plantas máis velenosas da súa familia e da nosa flora.

sábado, 18 de abril de 2015

Abril nevando flores


Baixo a mirada pétrea da torre monfortina, esvara -calmo- o Cabe.
Nevan flores como plumas, sobre o parque, para que eu recorde.

venres, 10 de abril de 2015

Black Wolf Blogger Awards


Zarampagalegando acaba de ser nominado para o Black Wolf Blogger Award polo blog galego de cociña Bolboretas no bandullo, ao que lle agradezo efusivamente que pensase na miña publicación.

As bases do premio prescriben que debemos colgar o cartel do premio (listo!), contestar cinco preguntas, nominar quince blogs e comunicárllelo.

Aí van as preguntas con cadansúa resposta:

Cal foi o primeiro libro que lin?
Non o recordo. O que lembro nitidamente son as tardes enteiras no meu carto, absorta na lectura dos tebeos: Zipi y Zape, Mortadelo y Filemón, El Botones Sacarino, Romepetechos...
Por que escribo?
Porque me presta. Porque creo na liberdade de expresión e penso que un dos maiores valores do ser humano reside na comunicación. Porque non me chega con que me conten outros as cousas: quero contar eu as miñas.
Teño unha musa ou inspiración?
A vida real, para o bo e para o malo. E algunha que outra persoíña especial que vou atopando polos camiños.
Cal foi o meu grande amor?
Teño varios: a miña parella desde hai vinte e tres anos, a familia próxima, as amigas desde o instituto...
Escribo o que vivo ou vivo o que escribo?
O primeiro.

E estes son blogs que nomino:

O teu lapis

Hai moitas formas de crecer, e ningunha ten que ver co número de candeas apagadas nunha torta de aniversario.
Velaquí a parábola trazada polo lapis: quen levanta a vista mentres cae, remonta o voo. Debuxando entre liñas, Raúl ascende.

mércores, 8 de abril de 2015

Dicionario visual. Chorima



O DRAG non recolle o vocábulo "alecrín", e no Dicionario de dicionarios da lingua galega, os lexicógrafos atribúenlle este termo maioritariamente ao romeu (Rosmarinus officinalis) e non á flor do toxo (Ulex sp.).
O significado de "chorima" e "chorida" no DRAG é xenérico, pois as dúas variantes da palabra aluden tanto á flor do toxo como á da xesta.
O Gran Dicionario Xerais recolle as dúas acepcións: 'romeu' e 'flor do toxo ou da xesta'.