Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

luns, 24 de marzo de 2014

xoves, 20 de marzo de 2014

Arela

Imaxe de dendrita illada, grazas á tinguidura de Golgi
Suspiro amnesia,
desconexión das dendritas,
calma ignorante e neutra,
pausas quedas, tenues;
mudez de ausencias,
noites simples e rectas.
Arelo suave airexa,
pasos lentos e breves,
silencio na cabeza.

                                        A Churrusqueira

mércores, 19 de marzo de 2014

martes, 18 de marzo de 2014

domingo, 9 de marzo de 2014

Já somos zombies

Dende Ordes, a banda Chícharo Psicótico ofrécenos un videoclip inspirado no cinema expresionista alemán do primeiro terzo do século XX.

video

sábado, 8 de marzo de 2014

8 de marzo, Día da Muller


Nada estará ben mentres nenas e mulleres en todo o mundo non poidan durmir serenas e felices.

venres, 7 de marzo de 2014

Ucraína: outra guerra?

Rusia e a Unión Europea pelexan por Ucraína, o estado máis rico da Asociación Oriental da Unión Europea.

Deseño gráfico de V. Kazanevsky

Será todo por especular co prezo do gas e o petróleo? 46 millóns de potenciais consumidores son demasiado apetecibles para os mercados? Haberá stock de armamento ao que hai que darlle saída? Unha guerra que devastase cidades non lles viría estupendamente ás grandes construtoras?
Será que eu son unha mal pensada e Rusia e a UE só se preocupan polo benestar dos ucraínos?

xoves, 6 de marzo de 2014

Bálsamo

E cando rebentan pedras,
imaxino o furacán en espiral
de nube: remuíño alegre;
rebotes na tarima
de alfombras pobres,
cereixas de verán vermellas,
aplausos e voces,
ruído amarelo de seguidores,
risas alleas curvando a frecha
do lóstrego que azouta a noite.

E cando se apaga o mar
con treboada de alfinetes,
penso nas liñas libres
dos trens que agardan o asubío
para partir cara ao futuro
transportando cativeces
ata a fronteira do infinito.

E cando caen plumas
lánguidas e febles,
renazo no reflexo
do espello ausente.

                     A Churrusqueira

mércores, 5 de marzo de 2014

A desbrozadora

Videoclip d´Os Vacalouras, rodado no Festival de Cans

video

Os Vacalouras é un grupo nacido en Teis (Vigo) no ano 2007, creador dun estilo que os seus compoñentes denominan "pataca´n´roll".

Magnolia d´O Rosal

Na parroquia de San Miguel de Tabagón, no concello do Rosal, podemos contemplar unha magnolia bicentenaria que florece espectacularmente estes días.

Fotografía da magnolia de Tabagón publicada no Faro de Vigo

martes, 4 de marzo de 2014

A brancura




De súpeto, todo muda:
o aire feito plumas,
un mar de branca escuma.

Folerpas silenciosas
espallan luz na sombra
musitando novas notas.

E almofadas soñadoras
entrelazan as neuronas
porque sempre é agora.

                         A Churrusqueira

Acróstico para Blesa


Banqueiro
Ladrón
Estafa
Sen
Arrepentirse

Alfabeto suicida



Fotografía de Victoria C.F.


As neuronas comunican
o cansazo dos grafemas:
pingas húmidas e tristes
esvarando sobre as pedras.

Incesantes na insistencia,
retan reloxos circulares
por temor calado e turbio
a desaparecer ausencias.

Emerxe a nostalxia futura
da harmonía e do balance;
medroso das distancias,
o cerebro retrocede.

Moribundo alfabeto
encadeado á rutina
con hiperbólica calor 
suicida.

                          A Churrusqueira

luns, 3 de marzo de 2014

Pexas

A asociación ecoloxista Libera denuncia na páxina web http://www.senpexas.info/ o costume cruel e humano (só os humanos son quen de tales vilezas) de pexar cabalos que deberían correr libres polos nosos montes.
A acumulación de iconas con bestas para marcar os lugares denunciados por tal motivo inza o mapa galego, especialmente nas Rías Baixas.
A pesar das denuncias dos particulares, esta práctica aberrante continúa impune a cotío, pola imposibilidade de identificar os propietarios das bestas, que non lles colocan os microchips obrigatorios aos animais.
As pexas variadas (trancas, cadeas, cordas...) non só feren os cabalos, causándolles lesións, senón que tamén lles impiden fuxir en caso de incendio e dificultan o seu paso cando tentan atravesar unha estrada, co conseguinte perigo para os condutores.