Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 30 de agosto de 2014

Presente sen escola: que futuro?

Logo de máis de tres anos do inicio da guerra en Siria, calcúlase que 5.500.000 menores viven fóra dos seus fogares. Dos 4.800.000 en idade escolar, 2.200.000 dos que permanecen no país e mais uns 500.000 refuxiados no exterior non teñen acceso á educación. 


A cifra de refuxiados que viven nos campamentos dentro e fóra de Siria non para de medrar e reborda o límite dos recursos nos lugares de acollida. Só no Líbano, o seu número xa supera o millón; en Za´atari (Xordania) atópase o segundo campamento máis poboado do mundo, con 100.000 persoas; e dentro da propia Siria hai máis de 6.500.000 desprazados.

Bolso de calceta e feltro

Inspirándome nunha chaqueta que xa tiña, confeccionei este bolso que combina as técnicas do gancho, a calceta e a costura.
O corpo principal vai tecido en calceta a punto liso e no interior leva un peto de feltro con cremalleira.
No exterior engadinlle un peto grande, ao que cosín anaquiños de feltro que reproducen algúns dos motivos da chaqueta.
A fita está realizada coa agulla de gancho, tecida de forma continua arredor do corpo do bolso, o que lle dá consistencia aos bordos da peza e impide que se solte a asa.

venres, 29 de agosto de 2014

Dicionario visual. Tripla-o

                                                                                                 Fotografía por cortesía de Erik (ECDG)

xoves, 28 de agosto de 2014

E tod@s content@s


Entre 20 e 22 millóns de euros (pesiño arriba, pesiño abaixo) custará a reforma de Balaídos e a súa contorna, un proxecto deseñado polo arquitecto vigués Pedro de la Puente (ollo á conservación do xénero galego no apelido). Como sempre acontece con este tipo de proxectos; o financiamento do Concello, da Deputación e da Xunta serán imprescindibles para lle pór o ramo. Neste caso, para a primeira fase das obras o club achegará 2 millóns e o Concello de Vigo, 6.
O presidente do Celta, Carlos Mouriño, amosábase contento e satisfeito na súa comparecencia en Celta TV porque o club conta rematar a tempada 2014-15 rebaixando a súa débeda a 4 millóns de euriños tras obter un beneficio na actual de 5 millóns.

mércores, 27 de agosto de 2014

Estrelouse Zara

A camiseta listada e estrelada

O mundo da moda adoita darme xogo no blog pola cantidade de propostas absurdas que aparecen acá e acolá.

Nesta ocasión, a "nosa" marca Zara (xa sabedes, esa que escolleu chamarlle Zara Home ás tendas adicadas ao fogar e non ás de roupa dirixida ao público masculino) parece que perdeu o norte ao mesturar no deseño dunha camiseta infantil unha estrela de sheriff amarela cun estampado de listas: o tal para lembrar os uniformes dos xudeus presos nos campos de concentración. 
Para maior gloria dos deseñadores (en paz descansen as súas cacholiñas; que boa falta lles vai facendo botar unha soneca ou dúas, se son pequenas) a empresa colocou á venda o produto, nada menos que na tenda en liña dirixida ao público israelita.

A firma, con base en Arteixo e ponlas ben esparexidas polo mundo adiante (tirando preferentemente cara ás zonas onde a man de obra é case regalada e os dereitos laborais, unha entelequia) xa pediu desculpas e retirou a prenda. 
Loados sexan o señor Ortega e familia, porque as súas fortunas desorbitadas equilibran a media estatística e así, os galegos (en xeral) non somos tan pobres.
Amén.

Dicionario visual. Gaiola

martes, 26 de agosto de 2014

Desafío. Os Folkgazais

Evocando os conxuntos de hai máis de medio século, este grupo asturgalaico deléitanos con voces e melodías suxestivas. No tema Desafío, o grupo adapta un poema de Héctor Acebo.


Dicionario visual. Sombra




Esta fotografía foi tirada no exterior do complexo que a empresa Cerámicas do Castro (do grupo Sargadelos) aínda mantén na parroquia que inspirou o seu nome, en Sada.



Aquí che deixo un enlace sobre crenzas populares no tocante a boas sombras e malas sombras.

Dicionario visual. Agás


luns, 25 de agosto de 2014

Poli- + cía: moita compañía (demasiada)

Neste vídeo, tirado da edición dixital do Faro de Vigo, podedes ver os enfrontamentos matutinos deste luns co gallo do encontro apostólico de Merkel e Rajoy en Compostela e a prohibición de que os manifestantes circulasen libremente.


Triste oficio, ter que bater na xente para que non se incomoden os de arriba...

domingo, 24 de agosto de 2014

Myotis midastactus

En Bolivia identificaron recentemente este morceguiño dourado, que ata agora fora confundido con outra especie. O nome acáelle; pois remite á lenda do rei Midas, que transformaba todo o que tocaba en ouro. 


Dicionario visual. Aloitador-a


Os dicionarios consultados (DRAG, Xerais, Cumio) non recollen como correcta esta palabra, e remiten ao xenérico " loitador". No entanto, o termo específico utilizado en Sabucedo leva ese "a-" protético do que dá conta o Dicionario de dicionarios da lingua galega. Trátase, pois, dunha palabra viva para referir unha realidade concreta. Por que non ha ser normativa?

Graffiti de Pontevedra (detalle de cabeza fantástica)

Obra de Crawler

Dicionario visual. Noz


Nos dicionarios consultados, "carolo" é o nome da casca externa do froito cando está verde, mais na Estrada chámanlle así á propia noz.

sábado, 23 de agosto de 2014

Dicionario visual. Espiñenta-o

Serpe de gancho

Se queres aproveitar restos de nobelos que teñas por casa, podes tecer unha serpe como esta. Para o recheo utilicei bolsas de plástico, porque pesan pouco e non atraen a humidade. Como remate, uns botóns para os ollos, un anaquiño de feltro para a lingua e uns axóuxeres na punta do rabo. 
(Se tes un irmán habelencioso que che axude, moito mellor!)

ERE que ERE

A precariedade laboral, musicada por Rebeliom do Inframundo e SkandaloGZ

Dicionario visual. Reixa

Dicionario visual. Lique

xoves, 21 de agosto de 2014

martes, 19 de agosto de 2014

No comment

Hai asuntos que non precisan comentarios porque falan de seu. Xa que logo, aquí vos deixo o enlace á páxina web do Ministerio do Interior na que nos aconsellan (ás mulleres) que temos que facer para que non nos violen.

luns, 18 de agosto de 2014

Brava Sés

Xeniais Sés e toda a banda, onte, na Praza da Ferraría de Pontevedra. Forza a esgalla e, como sempre, unha "mullerasa" sen pelos na lingua das que fala aínda que non lle pregunten. Ás cativas e aos cativos, sedentes ou bailantes na primeira liña, dedicoulles o meu tema favorito do álbum "Co xenio destrozado": Porco blues. Déixovolo aquí nunha gravación realizada n´A Pousada das Ánimas.


Dicionario visual. Embazar

Dicionario visual. Xanela

Dicionario visual. Balaustrada

domingo, 17 de agosto de 2014

Que desemprego? O que sobran son contratos!

Bravo por nós! Xa sabemos como mellorar as cifras de empregad@s.
- Que cadaquén teña varios contratos por mes. 

Carpe diem

Fóisenos o home. Quedaron os personaxes...

Dicionarios machistas

Se hai unha norma que os dicionarios en papel deben cumprir é o respecto rigoroso á orde alfabética. No entanto, esta regra secuencial básica non se cumpre en ningún dos que eu coñezo cando establecen as entradas que admiten variación de xénero. 

Por exemplo, nos dicionarios das editoriais Do Cumio e Xerais e no da RAG as entradas son así: "neno-a", "fermoso-a"... Na versión dixital do DRAG optaron polas entradas "neno" e "fermoso" e colocaron debaixo: (feminino: nena; feminino: fermosa).

Algunha explicación coherente?

Dicionario visual. Mexacán

sábado, 16 de agosto de 2014

Dicionario visual. Rap

Enlace: Somos galegos

Dicionario visual. Boquear

Dicionario visual. Mosaico

Enlace: Luís Seoane

Dicionario visual. Amarradoira

Dicionario visual. Capitel

Dicionario visual. Cristada-o


Dicionario visual. Barbaría

Dicionario visual. Halterofilia

Dicionario visual. Campión

Dicionario visual. Canón

Dicionario visual. Caveira

Obra de Rup´r

Dicionario visual. Tucano

Obra de Rup´r

Dicionario visual. Ermida

Alfombra con roupa vella

Unha boa forma de aproveitar camisetas e camisas vellas pode ser unha alfombra. Só tes que cortar en tiras as teas e ilas anoando sobre unha base con forma de rede (podes facela coa agulla de gancho ou comprar un anaco do material que se coloca debaixo das alfombras para que non esvaren).

8 azulexos vellos

A Churrusqueira

Dicionario visual. Cancela

Dicionario visual. Ra

Portas e fiestras desafiuzadas