Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 25 de marzo de 2016

Dicionario visual. Espertador

Dicionario visual. Atlética-o

Dicionario visual. Pendurar

Dicionario visual. Modernista

Dicionario visual. Interruptor

Dicionario visual. Imperdible

venres, 18 de marzo de 2016

Cando non existes. John Drever

Dicionario visual. Aldraxar

Outro exemplo da supremacía cultural europea e dos altos valores da civilización occidental

"Aldraxar" no DRAG

Romaxe de Nosa Señora da Barca. Lorca por Marful

Un dos seis poemas galegos de García Lorca, musicado pola xenial e desaparecida banda Marful

Dicionario fraseolóxico visual. Ceo ovellado...

Dicionario fraseolóxico visual. Por campar, rabiar

domingo, 13 de marzo de 2016

Poceiras. Manuel María

Dicionario fraseolóxico visual. O que ten tenda...

Dicionario visual. Peonia

Dicionario visual. Infiltrada-o

Dicionario visual. Camuflar

Que se agocha entre as pedras?

venres, 11 de marzo de 2016

Parellas imposibles. Escoba/Vasoira

Escoba  //  Vasoira

As vasoiras primitivas facíanse (e aínda se fan) coas ramiñas da escoba.

Dicionario visual. Escavadora

No DRAG e no DIGALEGO

O significado de "padeadora" no Gran Dicionario Xerais da Lingua coincide coa acepción do DRAG. No DIGALEGO, cámbiache o conto.

Dicionario visual. Pavón

No DIGALEGO e no DRAG

Parellas imposibles. Rabo/Ravo

Rabo  //  Ravo

Os nabos. Manuel María

xoves, 10 de marzo de 2016

Dicionario visual. Coteno

Os millonarios tamén falan por "ghuasá"

Orballo. Manuel María


Louvanza dos queixos de San Simón. Manuel María


Este poema foi tirado da colección Bibiloteca 120 Galega (publicada en 2002), que recolle os textos fixados polo autor en 2001.

Dicionario visual. Asemade

martes, 8 de marzo de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Comeuche a lingua o gato?

A pregunta "Comeuche a lingua o gato?" emprégase cando alguén fica calado para impelelo a falar.

Cada elo fai cadea

Sucédense sen pausa as agresións contra as mulleres, acá e acolá, como un rosario infame de doas negras para nos acovardar e nos excluír unha vez máis dos espazos públicos e para impedir que, revelándonos, nos rebelemos. Podería expór aquí centos de casos, mais aludirei unicamente a catro novas dos últimos días:

Hai menos dunha semana asasinaron a ecoloxista Berta Cáceres. Quen fixera recuar á maior construtora do mundo (a chinesa Sinohydro) no proxecto hidroeléctrico de Agua Zarca (Honduras) non cedera ás ameazas de morte, de violación, de secuestro das súas fillas... e pagouno coa vida. Berta non calou.

O mes pasado, unha estudante -María Fungueiro- denunciou un profesor da USC -Luciano Méndez Naya- polos seus comentarios machistas verbo da súa vestimenta. Ao remate da clase, a moza recriminou ao docente a súa actitude, sen conseguir que se desculpase. Ben ao contrario, este respondeulle cunha saída de ton digna de mellor causa, o que motivou a denuncia da afectada e mais de varios compañeiros ante o reitorado. María non calou.

A finais de febreiro, dúas mozas arxentinas, María e Marina, que viaxaban por Ecuador, foron asasinadas (unha, a golpes; a outra, apuñalada) por non acceder ás pretensións sexuais de dous homes. Os medios de comunicación publicaron a noticia remarcando que as turistas viaxaban "soas": paradoxo lingüístico nunca aplicado aos varóns. Unha estudante de Ciencias da Comunicación paraguaia, Guadalupe Acosta, escribiu entón Ayer me mataron: a apócrifa carta póstuma dunha das mozas, un relato de xustiza e dignidade que os medios lles negaban. Guadalupe non calou.

O 17 de febreiro, a xuíza María Carmen Molina, do Xulgado de Violencia sobre a Muller, de Vitoria, preguntoulle a unha denunciante de agresión sexual se "pechara ben as pernas". A Asociación Clara Campoamor, que asesora mulleres en risco de exclusión social, solicitou que a maxistrada fose cesada ou, cando menos, afastada do seu cargo. A entidade feminista non calou.

Diráseme que os casos non son comparables: que non é o mesmo que te violen ou te maten a que se metan coa túa forma de vestir; que desconfiar dunha denunciante de abusos sexuais non significa humillación tras a humillación; que os titulares dos xornais son unicamente palabras escollidas ao chou.  E máis: que cobrar un salario menor polo mesmo traballo non é maltrato, que gabar o físico dunha descoñecida pola rúa é un piropo, que o reparto desigual das tarefas no fogar é unha decisión doméstica tomada libremente, que o teito de cristal é un enxeño arquitectónico, que hai mulleres empoleiradas sobre tacóns de agulla por afán equlibrista e que ás nenas lles gusta o rosa porque si.

E non. A violencia contra as mulleres non é un conxunto de casos illados que acontecen por mala sorte. Falamos dunha estrutura social noxenta, asentada nunha ideoloxía dominante, o machismo, que estende as súas poutas opresoras sobre as nenas e as mulleres desde antes do seu nacemento (polas expectativas diferenciadas que se xeran en función do xénero) ata despois da súa morte (como pon de relevo a carta de Guadalupe Acosta). Falo de que os mal chamados "micromachismos" son o primeiro elo dunha cadea que desemboca, no seu extremo, nos asasinatos de mulleres; e digo que non poderemos crebar esa cadea sen atacar todos e cada un dos aneis que a compoñen, por insignificantes que parezan.

domingo, 6 de marzo de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Nunca choveu que non escampara

Dicionario visual. Ultramarinos


Escollín para ilustrar esta palabra, hoxe en desuso, unha imaxe tirada do blog de Avelino Gómez Quirós, blog adicado á colleita e difusión de postais e fotografías antigas de Vigo. 
Non sei ben se é pola lembraza da nenez que me evoca o termo ou pola claridade coa que nos transporta (lingüisticamente falando) desde o latín ata a época colonial, o caso é que me encanta este substantivo inmobilizado en plural (plurale tantum) derivado dun adxectivo que se formou engadindo un prefixo latino a un adxectivo derivado á súa vez da palabra primitiva mar.

Dicionario visual. Pallasa-o

Parellas imposibles. Cear/Cenar

Cear  //  Cenar

Dicionario visual. Trinchar

Dicionario visual. Acenar

sábado, 5 de marzo de 2016

Dicionario visual. Árbore

Vai de Flora: sitio de interese

Hoxe quero recomendarvos unha páxina moi interesante sobre botánica que acabo de descubrir: Vai de Flora. Déixovos unhas fotografías e mais o artigo que as acompaña para que vos fagades unha idea do que podedes encontrar se a visitades.


Bartramia pomiformis Hedw.: mazás equilibristas!

Etimoloxía. O nome xenérico está adicado a J. Bartram, un dos primeiros recolectores de briófitos en América do Norte; o epíteto específico “pomiformis” fai referencia ao parecido que ten a cápsula esporofítica cun froito carnoso de tipo “pomo”, como por exemplo a pera ou a mazá.
Trátase dun brión que podemos atopar en relanzos e gretas de rochedo, en posición vertical ou horizontal, tanto en zonas iluminadas como sombrizas, sobre superficies húmidas e sen carbonato cálcico. Tamén crece sobre o solo e en taludes terrosos frescos. Moi chamativa é a súa cápsula esporofítica, que recorda moito a unha pequena mazá verde.
No Barbanza resulta unha especie pouco frecuente, aparecendo principalmente a certa altitude, en zonas frescas e húmidas dos altos da Serra e no interior de certos bosques caducifolios.

A imaxe: val do río Vilacova (A Coruña, Lousame, Vilacova, Comparada), sobre rochas graníticas húmidas no interior de bosque caducifolio mixto (Querco-Fagetea); 21-II-2016.


Ligazón: Vai de Flora

Dicionario visual. Arrandear(se)


Para veres a definición, escoitar a pronuncia ou saber como se conxugan estes verbos, entra no DRAG

Dicionario visual. Boca de rega


No DIGALEGO aparecen as formas "boca de rego" e "boca de incendios" para designar conceptos diferenciados. 
A expresión "boca de rega" recollina no Gran Dicionario Cumio da Lingua Galega, logo de pescudar no GDXLG e no DRAG sen atopar un termo específico para o obxecto da imaxe.

Dicionario visual. Amigarse