Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 31 de agosto de 2016

Dicionario visual. Cabaré

Dicionario visual. Narigón-ona

Dicionario visual. Brollón-ona

Parellas imposibles. Caixeira-o/Caixista

Traballan con diferentes tipos de caixas: unhas -en desuso- para compor textos; outras -en voga- para que o diñeiro viaxe duns petos a outros.

Parellas imposibles. Chuvioso/Pluvioso

Cunha orixe latina común, o cultismo desta parella resérvase para nomear o quinto mes do calendario revolucionario francés.

Dicionario visual. Beixamán

Dicionario visual. Burela

Alén do topónimo mariñao, a palabra burela emprégase en heráldica cun significado que podes consultar no enlace baixo a imaxe.

luns, 29 de agosto de 2016

Parellas imposibles. Melamina/Melanina

Dicionario visual. Sismo

Dicionario visual. Cuspir

Estamos ante dous verbos sinónimos que presentan unha conxugación con alternancia vocálica na raíz, como podes comprobar AQUÍ e AQUí.

Dicionario visual. Tabán


Dicionario visual. Corcova

Dicionario visual. Palanquín

Se o adxectivo palanquín-ina cualifica aquelas persoas pouco amigas do traballo, o substantivo homónimo designa un medio de transporte baseado na desigualdade social, como podedes apreciar na fotografía.

sábado, 20 de agosto de 2016

Dicionario visual. Somnámbula-o

Dicionario visual. Vibrisa

Dicionario visual. Desbancar

Parellas imposibles. Espiar/Expiar

Espiar  //  Expiar

Dicionario visual. Antipirética-o



Dicionario visual. Shériff

Gary Cooper en High noon

[O plural deste anglicismo é shériffs].

Dicionario visual. Octante

martes, 16 de agosto de 2016

Dicionario visual. Agargalar

Dicionario visual. Amora

Dicionario visual. Rexicidio

Efectos con Prisma

Prisma é unha aplicación para Android que che permite transformar as túas fotos seguindo o estilo dalgunhas famosas obras de arte. Certos efectos (especialmente ao seren utilizados con fotografías de persoas) evocan a banda deseñada, o que pode serche útil se quixeres compoñer un cómic no que as túas amizades fosen as protagonistas. Na imaxe podes ver varios exemplos de metamorfose da igrexa de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).
Premendo sobre o enlace ao rodapé accederás á páxina oficial de Prisma para descargares -de balde- esta aplicación.

Santa Mariña de Augas Santas (Allariz)

http://prisma-ai.com/

domingo, 7 de agosto de 2016

Dicionario visual. Estampada-o

Conta6. Narciso

Dicionario visual. Albanel-ela


O DRAG recolle a palabra "albanel" como substantivo masculino, sen indicarnos que exista unha forma feminina correspondente (malia iniciar a súa definición como 'persoa')*. Mais procurando nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (RAG-ILGa), vemos que -pola súa terminación- este vocábulo non pode adscribirse a ningún dos casos especiais; xa que logo, corresponde seguir a norma xeral de formación do feminino:

O feminino dos substantivos e adxectivos fórmase comunmente coa terminación -a, que se une directamente á forma do masculino se esta acaba en consoante ou vogal tónica [....].

[Podes acceder ás Normas... completas en formato pdf premendo AQUÍ].


______________________________________

*Consultada a RAG por vía electrónica no referente a este vocábulo, esta foi a súa resposta (que transcribo literalmente):

Por se tratar duha profesión tradicionalmente vinculada ao sexo masculino, non contamos polo momento cunha solución para denominar as mulleres que se dedican á albanelería, polo que se lle trasladará esta cuestión á comisión correspondente para que resolva como debe ser a forma feminina ou se “albanel” se pode utilizar tanto co masculino coma co feminino.
Moitas grazas pola súa suxestión.

Atentamente,

Seminario de Lexicografía
Real Academia Galega (RAG)
Monte Gaiás s/n
Cidade da Cultura - Biblioteca de Galicia
15707 - Santiago de Compostela
Teléfono: 881 99 52 68
lexicografia@academia.gal
academia.gal

Dicionario visual. Óboe

venres, 5 de agosto de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Palabra e pedra solta...


O significado é claro: do mesmo xeito que unha pedra lanzada non volve atrás na súa traxectoria; así as palabras, unha vez ditas, non deben ser esquecidas (para ben ou para mal).

Aquí van algunhas das moitas variantes deste refrán:
- Palabra dita e pedra solta non teñen volta.
- A pedra e a palabra non se recolle despois de botada.
- Vaise a pedra da fonda e a palabra da boca e ningunha ten volta.

Dicionario fraseolóxico visual. O que fai un cesto...

Na imaxe, o cesteiro artesán de Touro, Chorén
Este refrán adoita utilizarse abreviado (O que fai un cesto fai un cento), mais na versión longa completa o seu significado, pois non abonda con saber facer para obter resultados, tamén cómpren recursos e tempo.

Dicionario visual. Rodapé

mércores, 3 de agosto de 2016

A xente do mar. Trapallada

Do disco Alenta o mar da banda Trapallada chega este tema fresquiño, tal sardiñas da lonxa polo San Xoán

video

Dicionario visual. Capilaridade

Fermosa acuarela de Javier Pérez, da súa serie Capilares

Conta6. Inocencia orixinal

Conta6. Cuestión de hixiene

Dicionario visual. Caravilla

Conta6. Inerte

martes, 2 de agosto de 2016

Sentadiña no pantalán. Blues do País

Segunda aparición desta parelliña no meu blog -e non será a derradeira- porque presta escoitar en galego temas musicais contemporáneos que tod@s cantaruxamos algunha vez; coma esta versión de Sitting on the dock of the bay, de Otis Redding.

video

Conta6. Tramando Penélope

Dicionario visual. Desbotar

Conta6. Fado

Parellas imposibles. Refogar/Refugar