Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 29 de marzo de 2017

Alike (Cuspidiños)

A creatividade reflexiva de Daniel Martínez e Rafa Cano. Seguro que non tes oito minutiños para ver esta curtametraxe de animación?

sábado, 4 de marzo de 2017

Palabriquiñas. Chorear


Chorear: botaren a flor os nabos.


Chégame esta palabriquiña a través da filológa Victoria Cerviño Ferrín, a quen seica lla comentou unha compañeira de traballo, que disque lla escoitou á súa sogra, Manuela Videla García Carral, da parroquia de Carboentes (Rodeiro).

Na Gramática histórica de Manuel Ferreiro podemos ler como evolucionou o grupo inicial latino FL- que, tras un proceso de palatalización e asimilación recíproca das dúas consoantes, derivou nun son africado (o que grafamos como ch).

Así, FLORE converteuse na voz patrimonial chor (como de FLAMMA obtivemos chama ou de FLAGRARE, cheirar), polo que apunta Victoria que non sería cousa rara derivar este verbo chorear do substantivo antedito.