Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 15 de outubro de 2014

Xunta de(s)Galicia

Lemos o seguinte na páxina oficial da Xunta, na sección da Secretaría Xeral de Política Lingüística:

A Consellería valora positivamente os últimos datos sobre o uso do galego difundidos polo IGE.

Para a Consellería, os datos son positivos e mostran a fortaleza da lingua propia de Galicia.
Entre os datos achegados polo Instituto Galego de Estatística, podemos destacar que o número de persoas que fala sempre en galego cae 13 puntos entre os anos 2001 e 2011. Polo tanto, e por primeira vez na historia, os galegofalantes deixan de ser  a maioría da poboación. Ademais, a porcentaxe de monolingües en galego é especialmente baixa nas bisbarras urbanas occidentais.

Máis información: Galicia Hoxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario