Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 29 de outubro de 2014

Churrusquenciclopedia. Sobrevivente

Logo das dúas primeiras entregas da Churrusquenciclopedia ('calatrávico' e 'abusuario'), tráiovos hoxe unha palabra que xa existe, pero á que lle engado un novo significado.

Sobrevivente (adx. e subst.)
Sinónimo: sobrevividor-a. [Rexistro coloquial].

Quen vive de marabilla (prefixo 'sobre': por encima da media; con abundancia) grazas a uns sobres (recipientes de papel) máxicos acugulados de billetes ilegais, pero de curso legal: o chamado diñeiro paradóxico. 


Os cartos devanditos preséntanse en forma de simples e finísimos paralelepípedos de papel moeda que, malia a súa simplicidade, posúen unha virtude excepcional: a saber: aínda que en esencia son negros (absorben a luz sen reflectila) teñen o poder de iluminar a faciana dos sobreviventes cun sorriso branco e escintilante.


Billetes trucados por obra e graza de PhotoFunia
A procedencia dos sobres meigos escapa de momento á pescuda científica. A teoría que goza de maior aceptación entre os físicos propón unha orixe cósmica, probablemente exogaláctica, pois as leis terrestres tradicionais non contemplan a posibilidade moral de conseguir unha fortuna hiperbólica de xeito fortuíto.

Na imaxe, billetes falsos (como non?) coa efixie dun presidente (!?) terrestre (probablemente da Terra Media ou máis ben da Media Terra;  porque da nosa Terra non é. Fixo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario