Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 3 de outubro de 2014

Orla incompleta do ladroízo


A orla completa dos altos cargos e asesores nomeados por partidos políticos de toda caste e por sindicatos obreiros en Caja Madrid e Bankia non cabería nesta imaxe: 86 individuos aos que non lles chegaban os salarios astronómicos que cobraban por levar á ruína ás caixas e idearon unhas tarxetas pantasmas para permitírense luxos absurdos que despois se agochaban como erros informáticos.

Total roubado mediante este sistema: 
15,5 millóns de euros.

[Debaixo de cada fotografía tendes o importe cargado en cadansúa tarxeta opaca por estes "traballadores".]

Ningún comentario:

Publicar un comentario