Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

luns, 20 de outubro de 2014

Quen quere ser millonario?

A Churrusqueira
Onte, en La Sexta, Arturo Fernández confirmoulle a Ana Pastor que un seguro asinado con Mapfre, sufragado co diñeiro do rescate e cuxa débeda seguimos pagando  (y lo que te rondaré, morena) lles cobre a defensa  aos directivos e aos conselleiros da entidade financeira do oso sen hérbedo.
Blesa mesmo intentou custear a fianza de 16.000.000 de euros que lle impuxo o xuíz Andreu mediante o devandito seguro; aínda que o maxistrado llo impediu.

Polo tanto, a resposta correcta é a D.
Parabéns se acertaches, mais lamento dicirche que non serás ti @ millonari@. Aquí tamén había trampa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario