Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 14 de decembro de 2013

A voltas coa @. Pido opinións



Advírteme unha seguidora (confeso que é unha miña tía) do perigo de usar a @ para expresar o morfema de xénero desde que as institucións (expertas en expropiar todo o que pode haber de subversivo e deturpalo ata convertelo no politicamente correcto) a incorporaron á súa linguaxe.

Eu dubidara antes de escoller este símbolo, aínda que me parece que no contexto da internet é onde máis sentido ten.

Proponme algunhas opcións:

- O h: nenhs. Esta marca non me gusta porque en galego o h condúcenos a home pero non a femia.
- O x: nenxs. Ela considera que convida á reflexión. A min evócame incógnita ou ambigüidade (como a nova tendencia "queer") e para algunhas persoas creo que pode ter connotacións máis sexuais que xenéricas. Ten o problema engadido de que a súa pronuncia é irresistible para unha galega (e para un galego).

Eu barallei a posibilidade de introducir un corazonciño ou algo así (vese que tiña o día sentimental) pero a interface de blogger non permite esas licenzas.
Outra alternativa pode ser o guión baixo: nen_s.
Repetir continuamente o masculino e o feminino é moi cargante e encontrar sempre substantivos colectivos ao xeito, esgotador. 
Se se vos ocorre algunha idea nova, enviádema como comentario. Se apostades por algunha opción das expostas, tamén.

Darlle voltas a este asunto é só unha teima de lingüistas? Agardo opinións. 

6 comentarios:

  1. Moi ben! Eu irei tomando nota das vosas opinións, recontarei despois os votos de cada opción e logo... farei o que me pareza o mellor... Grazas por opinar. Era o que pedía e ti cumpriches coma un campión. Es o meu seguidor máis fiel (ou case).

    ResponderEliminar
  2. Esas xa che me van ghustando máis... Ti síghelle dando á cachola, que de aí pode saír algho bo.

    ResponderEliminar
  3. Pois non deberías, porque creo en serio que ti podes ser quen dea coa solución a este problema lingüístico de ser respectuoso/a con todo o mundo sen ser cargante. Eu tamén che mando unha chiscadela de ollo (con napia e todo): ; ---- )

    ResponderEliminar