Navegando pola rede encontrei uns vídeos con moita chispa duns retranqueiros que se fan chamar Pichel Brothers. Malia buscala, non encontrei información sobre os autores dunhas dobraxes á galega ben enxebres. Déixovos unha pequena mostra, a súa particular versión dun fragmento de Trainspotting (a mellor película sobre mocidade e drogas que eu recorde).
Cando teñades ganas de botar unhas risas podedes pescudar outros traballiños destes "irmáns" na internet, teredes diversión garantida...
Ningún comentario:
Publicar un comentario