A Xunta continúa prorrogando concesións a Ence e Elnosa en Pontevedra (a última, o 31 de decembro). Malia rematar o período de permanencia en 2018, xa empezamos a ver manobras para continuar nas mesmas outra volta, a pesar da toxicidade manifesta da industria e pese á oposición veciñal.
Vista aérea do complexo Ence-Elnosa, na Ría de Pontevedra |
O mercurio, metal neurotóxico verquido pola empresa durante decenios no areal de Lourizán polo uso dunha tecnoloxía obsoleta, segue alí. As fugas de ácido clorhídrico, espalladas no ar e sempre minimizadas pola empresa, conseguen colocar os pontevedreses no podio das afeccións respiratorias e pulmonares. Que grande honra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario